|
A Deputación de Pontevedra aprobou as bases reguladoras da I Certame de Bandas de Música para a cidade de Vigo. Dado o carácter promocional que pretende este concurso, poderán optar a participar neste concurso todas as bandas de música que o desexen.
Limítase o número de bandas de música participantes e o seu número de músicos, segundo as categorías de Sección primeira (3 bandas participantes de 56 a 70 músicos), segunda (5 bandas participantes de 46 a 55 músicos) e terceira (6 bandas participantes de 35 a 45 músicos).
Cada banda de música interpretará dúas obras de libre elección, sendo unha delas obrigatoriamente dun compositor galego. A duración de cada unha das obras e os tempos totais de desviación que se lle permite a cada agrupación, serán os seguintes: entre 15 e 5 minutos á primeira sección, e entre dez e cinco minutos ás seccións terceira e segunda.
A Deputación de Pontevedra concederá en cada sección, de acordo co criterio do xurado, os seguintes premios á banda de música que obteña a maior puntuación: 2.000 euros á sección primeira, 1.750 á sección segunda e 1.500 á sección terceira.
O comité organizador do concurso estará constituído do seguinte xeito: como Presidente, o titular do organismo provincial; como vogais, dous representantes da Deputación de Pontevedra, un representante da Federación Galega de Bandas de Música Populares, un representante da empresa adxudicataria da organización do evento e o director técnico da certame; como secretario, o titular da Deputación ou funcionario en quen delegue.
Por outra banda, o Auditorio de Tui acolle o día 13 de xullo a I Certame de Bandas de Música da Zona Sur, que terá as mismas normas do concurso vigués. Dado o carácter promocional que pretende este concurso, poderán optar a participar neste concurso todas as bandas de música de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra, Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Baiona, Gondomar, Mos, Nigrán, Porriño, Redondela e Salceda.
|