Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Vigo

Davila pregunta a Fomento por que considera a alternativa 5 na construcción da A-57 con la Red Arterial de Vigo e o Aeropuerto de Peinador

por Vm - 01/05/2008
Olaia Fernández Dávila, deputada do BNG do Congreso.

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pregunta ao Ministerio de Fomento por que optou pola alternativa número 5 no proxecto de construción da denominada conexión da A-57 con la Red Arterial de Vigo e o Aeropuerto de Peinador.  


A deputada nacionalista pón de manifesto que o pasado mes de decembro o Goberno puxo a exposición pública o Estudo Informativo da variante da A-57 conexión con Peinador. “Aínda que contempla diferentes alternativas, parece que o Ministerio se decidiu pola alternativa número 5”. Esta opción, segundo Davila, parte a dous quilómetros do inicio da AP-57 á altura de Pontesampaio e discurre prácticamente paralela á mencionada autovía “e nunha parte importante do trazado a diferenza entre unha e outra non é de máis de 2 quilómetros”. 


Davila tamén se dirixe a Fomento para saber se a construción desta variante vai ralentizar as obras da A-57 e que prazos manexa o Ministerio para o inicio das obras e a súa finalización. De igual xeito, pregunta polo prazos temporais para a execución da variante da A-57 conexión con Peinador.

 

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Vigo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com