|  | | | | | Imaxes tomadas o pasado domingo pola mañá no parque infantil do Castro. | | | |
O grupo municipal do Partido Popular denunciou onte “o grave abandono e deterioro que se evidencia en toda a cidade nos últimos tempos, dende que o novo equipo de goberno tomou posesión”. Segundo un comunicado do grupo, os concelleiros do PP puideron comprobar “como amenceu este domingo o pulmón verde da cidade, concretamente o parque infantil de O Castro, onde pola mañá o lixo se almacenaba mentres as familias acudían cos seus pequenos e asistían atónitas ao panorama”. Unha situación que, para o PP, se repite dende hai tempo, tal e como denuncia a concelleira Lucía Molares.
“A cidade en xeral sofre unha total falla de mantemento. A suciedade é unha constante nas rúas e os xardíns, e o feito de que o goberno nomeara a unha nova concelleira de limpeza non mellorou a situación”, denuncian os populares, ao tempo que advirten que os anunciados “recorridos nocturnos para comprobar el servicio de basuras” da responsable de limpeza non evitan que a cidade amenza chea de lixo nos lugares de esparcemento público. Molares lamenta que este goberno tire pola borda todo o traballo que se facía non mandato anterior. “Deixamos como herencia unha cidade en boas condicións, coidada e limpa, e todo iso foi froito de moito traballo e esforzo, e agora nos atopamos co Vigo máis sucio dos últimos anos”.
O grupo municipal do PP destacou tamén o feito “gravísimo, xa que ademais dun foco de suciedade pode xerar infeccións” de que o Goberno nin tan sequera se ocupara de baleirar o lixo dos contenedores soterrados da cidade cando a concelleira decidiu precintalos. Agora, en zonas como a Praza de Portugal ou Manuel Núñez, o ambiente é irrespirable xa que o lixo almacenado nos contenedores fan do centro un auténtico vertedoiro.
O PP esixe ao goberno que se poña a traballar xa na limpeza e mantemento de Vigo así como no baleirado dos contenedores soterrados. Advirten que a imaxe dunha cidade empeza por que esté coidada e limpa, “senón acadamos este obxectivo non vamos a ser capaces de avanzar noutras materias”.
|