|
|
O Goberno local completará o paseo da desembocadura do rio Lagares |
|
|
| por Vm - 05/04/2008 | | |  | | | | | Vista de la playa de las islas CÃes. | | | |
O Concello reforzará o malecón que une dúas das illas de Cíes para mellorar o paseo, e se plantexa que poida servir como barreira contra calquera verquido procedente do Atlántico, o que protexería a riqueza biolóxica e medioambiental da laguna. Ambas conclusións se extraen do encontro que mantivo este venres o alcalde de Vigo, Abel Caballero, con responsables da Direción Provincial de Costas.
O Concello de Vigo completará o paseo de madeira da Fox do Lagares, na desembocadura do río, de tal xeito que comece e remate na ponte. Ademáis, o goberno local adopta dúas medidas medioambientais nas Illas Cíes: o reforzamento do malecón de separación das illas e o desprazamento do paseo do peirao á illa de Rodas. As tres medidas son algunhas das medidas adoptadas tras o encontro que mantivo este venres o alcalde de Vigo, Abel Caballero, con responsables da Direción Provincial de Costas para por en común novas actuacións e proxectos.
Estas actuacións medioambientais supoñen o inicio dun proceso de cooperación "a gran escala" entre o Concello de Vigo, a Direción Xeral de Costas e o Ministerio de Medioambiente, según avanzou o alcalde. Abel Caballero salientou a vontade das tres institucións de manter "unha relación moi fluída" en materia medioambiental.
O goberno completará o actual paseo de madeira da Fox do Lagares, de tal xeito que empece e remate na mesma ponte da desembocadura do río. Na actualidade, o camiño está incompleto, pois únicamente comeza na ponte, e esta actuación prevé amplialo e completar o paseo á beira da Fox, evitando aos paseantes ter que volver polo camiño andado.
Novas actuacións en Cíes
Nas illas Cíes, o Concello vai reforzar e restructurar o malecón de unión das dúas illas cun dobre obxectivo: mellorar o paseo para os visitantes e tratar de que sirva como barreira natural contra posibles verquidos procedentes do Océano Atlántico, protexendo a riqueza medioambiental e biolóxica da laguna.
Outra actuación prevista polo goberno local contempla mover o paseo do peirao á illa de Rodas, coa finalidade de acadar unha "mellor e máis axeitada adaptación ao medioambiente", xa que evitará que esta infraestructura coarte a expansión natural da duna, feito que está a suceder na actualidade.
Licitado o paseo de A Guía
En chave medioambiental, o alcalde de Vigo aproveitou o encontro deste venres para anunciar que o goberno deu luz verde á licitación do contrato para o paseo do borde litoral do monte de A Guía. Esta actuación, adiantada por Abel Caballero en datas anteriores, conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros e o prazo de finalización dos traballos permitirá a apertura aproximada do camiño nun ano e medio.
|
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 81 votos ¿Considera que las fiestas de verano se adaptan a los gustos de los vigueses?
|
|
|
|
|