|
|
Concello e Vitrasa acordan potenciar o bus turÃstico na temporada de verán |
|
|
| por Vm - 26/03/2008 | | |  | | | | | Juan Carlos Villarino e Santiago DomÃnguez, esta mañá. | | | | O tenente de alcalde, Santi Domínguez,
e o director da concesionaria de transporte urbano Vitrasa, Juan Carlos
Villarino, acordaron esta mañá potenciar o autobús turístico e "incorporar
novidades de cara á nova tempada de verán", segundo acordouse na
reunión que mantiveron hoxe en dependencias da Tenencia de Alcaldía.
Entre as novidades figura a posibilidade de que este servizo poda ser
utilizado por grupos organizados. "A entrevista estivo centrada nos temas
turísticos", salientou o tenente de alcalde, quen engadiu que no
encontro trataron a cuestión de como atender o fluxo de pasaxeiros que
chega Vigo nos cruceiros. Precisamente este ano a cidade de Vigo batirá
o seu propio récord, ao ter previsto recibir máis de 200.000
cruceiristas nos 114 trasatlánticos que atracarán no porto vigués ao
longo do ano. Neste sentido, o tenente de alcalde e concelleiro de
Turismo considera que é preciso ofrecer a mellor atención posible aos
visitantes que chegan á cidade.
Co obxectivo de que Vigo conte con novos atractivos para os turistas,
Santi Domínguez comentou tamén a posibilidade de contar cun tren
turístico, de xeito que se ampliaría "os modos de visitar a cidade" e
sinalou que nas próximas semanas manterán unha reunión para profundizar
nestas cuestións.
|
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 63 votos ¿Cree que la ley debería ser más rigurosa contra infractores reincidentes como 'Makelele', implicado en las muertes de Jenaro de la Fuente?
|
|
|
|
|