Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Vigo

O 29% dos vigueses están expostos a niveis de ruído superiores ao límite

por Vm - 18/03/2008
Caballero, esta mañá na rueda de prensa.
O Mapa de Ruidos, presentado este martes polo alcalde e membros da empresa redactora Maveín, revela que Vigo se sitúa na media de ruidos das cidades europeas. O Concello presentará en xullo un plan de actuacións para a protección acústica, con medidas como a regulación do tráfico nocturno e nas zonas saturadas e incentivar o uso de vehículos híbridos mediante bonificacións fiscais.
O 29% dos vigueses viven en zonas que superan os 55 decibelios, o límite de ruido estipulado. O Mapa de Ruídos, presentado este martes polo alcalde de Vigo, a concelleira de Medio Ambiente e membros da empresa redactora do texto, conclúe que o nivel de ruido en Vigo se sitúa na media das cidades europeas.
Outras conclusións do estudo, elaborado segundo a normativa europea, revelan que o 22% da superficie do termo municipal sobrepasa o límite de ruídos e que todos os hospitais da cidade, situados no centro de Vigo, teñen algunha fachada afetada pola contaminación acústica.

O traballo, entendido pola empresa como un "primer diagnóstico", foi redactado segundo a directiva europea, e permitirá que o Concello se dote das ferramentas necesarias para aplicalo. Na elaboración do texto participaron diversos departamentos, como o de tráfico, urbanismo ou cartografía, xa que serán estes os encargados de desenvolver as políticas acústicas.

Os niveis indicados polo Mapa son unha media anual, que inclúe variables como o nivel de ruido ao longo do día, pola mañá, pola tarde e pola noite. O texto avaliou colexios e hospitais, e as zonas onde se superan os límites de ruidos, o que ven indicar os puntos onde comezar a traballar.

O Mapa de Ruidos atópase neste momento en fase de exposición pública para a sua posterior aprobación unha vez analizadas as alegacións presentadas.

O plan de acción, en xullo

O alcalde, Abel Caballero, tras felicitar á empresa polo seu traballo, declarou "non conformarse" con estar na media europea e salientou a necesidade de actuar nos "edificios sensibles como os hospitais" e nas "zonas como o centro, Coia, Bouzas e o Freixeiro", onde o ruído é superior aos 55 decibelios. Así, o rexidor avanzou a elaboración dun plan de acción, consensuado por todos os axentes sociais da cidade e que estará finalizado en xullo, que prevé reducir a contaminación acústica de Vigo.

Algunhas das actuacións previstas, adiantadas polo alcalde, serán a regulación do tráfico nocturno e nas zonas saturadas de ruido, o fomento do uso do transporte público e dos vehículos híbridos, eléctricos, mediante bonificacións nos impostos. Do mesmo xeito, o Concello estudará e medirá a contaminación acústica derivada das motocicletas.

Ademais, a aprobación do Plan Xeral suporá que os eventos ao aire libre que se celebren na cidade estarán suxeitos á normativa de protección acústica, salvo excepcións puntuais como os concertos musicais, por exemplo. O plan actuará sobre os edificios e viais máis castigados polo ruido, mentres que os novos ámbitos que se desenvolvan na cidade xa estarán preparados acústicamente, salientou o alcalde.
    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Vigo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com