Inicio > Otros ayuntamientos > Vigo

A I Festa Fin de curso da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello celebrase para mostrar o traballo asociativo que de portas adentro realizan

por VM - 03/07/2009

A I Festa Fin de curso da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo terá lugar este sábado 4 de xullo a partir das 17.00 na Praza do Berbés. Desde a asociación invítase a "todos os vigueses e viguesas para achegarse até o corazón do barrio histórico onde terán a oportundade de coñecer os traballos realizados polas aulas e obradoiros da Asociación durante todo este curso, que serán expostos no mesmo lugar da Festa, así poderáse disfrutar dos traballos realizado polos alumnos e alumnas dos obradoiros de Traxes tradicionais Galegos, manualidades diversas, tapicería patchwork, costura e confección, entre outros".

Con esta festa preténdese mostrar todo o labor realizado de portas adentro na Asociación, "ese traballo que non se ve pero que reune a centos de persoas que buscan dentro desta Asociación non só un espazo para aprender senón ter compaña ou participar nun proxecto de tanta vitalidade como é a Asociación Veciñal e Cultural Casco vello".

Asímesmo haberá distintas actividades deportivas e xogos tradicionais a celebrar no campo de futbito da propia praza como Futbol sala, Cachibol,… Tamén gozarán en pantalla grande da proxección de gravacións das festas máis coñecidas do Casco vello como son os Maios e a Reconquista.

A partir das 19.45 será a ocasión de gozar da exhibición das aulas  da Asociación de Ioga, Baile tradicional, percusión, gaita, Danza Oriental, Danzas do mundo, Acordeón e Canto Popular.

Para rematar a festa haberá unha foliada popular con músicos convidados e unha chourizada preparada pola organización.

"Queremos animar a todos os socios e amigos a participar neste fin de curso das aulas do Casco Vello, onde poderemos pasar unha tarde-noite de convivencia e intercambiar impresións da situación da nosa cidade e mellorar, coas aportacións de  todos, as iniciativas e traballo desta Asociación".

Programa da I Festa de fin de curso do Casco Vello

Sábado 4 de xullo 2009 na Praza do Berbés

17.00 Inauguración das exposicións dos traballos das aulas de:
• Traxes tradicionais,
• Corte e confección
• Patchwork
• Manualidades diversas

Xogos e deportes (na pista deportiva)
17.15 Xogos populares
17.30 a 19.00 Futbol sala
19.00 a 20.00 Cachibol

Proxeccións en pantalla grande de diversas festas da Asociación
18.30 Maios
20.30 Reconquista
Actuacións das Aulas

19.45 Ioga
20.00 Baile tradicional
20.15 Percusión e gaita

Descanso (proxección)

21.30 Danza Oriental (1º pase)
21.35 Danzas do mundo
21.45 Danza Oriental (2º pase)
21.50 Acordeón
22.00 Danza Oriental (3º pase)
22.15 Canto Popular
22.30 Festa fin de curso con música, baile, chourizada,….

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com