Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Tui

Tui ofrece en verán paseos turísticos en carruaxe

por Vm - 05/08/2008
Un paseo en carruaxe, outra maneira de coñecer Tui. REMITIDA

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, Acitui, en colaboración coa Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Tui, puxo en funcionamento para os meses de xullo e agosto o 'Paseo Turístico en Carruaxe', unha iniciativa que xurde para darlle un atractivo turístico á cidade de Tui. Enfocado principalmente para o turista, esta proposta quere ofrecer a posibilidade de visitar os distintos lugares, paisaxes e monumentos a través dun paseo en carruaxe.

Segundo un comunicado de Acitui, a empresa encargada de ofrecer estes paseos turísticos é a Hípica Marcos, e para que os turistas poidan optar a unha viaxe gratuíta para dúas persoas, ven pola mañan ou pola tarde, deberán entregar na oficina de turismo tickets de compra dos establecementos asociados a Acitui. Só serán válidos o conxunto de tickets, (mímimo 3 tickets de diferentes establecementos), coa mesma data e o total deles sumen ao menos 100 €.

Esta actividade encadrada dentro do programa de animación e promoción do conxunto comercial, 'Vida nas Rúas', ven a sumarse a outras como son á ludo-escola, xadrez, taichi, break-dance, as actuacións de artistas e as vindeiras citas como a Feira de Oportunidades, o V Encontro Internacional de Teatro e o Certame de Hip-Hop.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Tui- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 120 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com