Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Tui
Será o próximo martes, 29 de xullo, ás 21.30 horas no Parque do Laxal en Rebordáns

Grupos de Senegal, Venezuela, Croacia e o País Basco actúan na IX Noite Internacional do Miño

por Vm - 27/07/2008

O Parque do Laxal en Rebordáns acolle o próximo martes, ás 21.30 horas, a IX Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Baile e Gaitas "San Fins" de Rebordáns coa colaboración da Concellería de Cultura de Tui. Trátase dun espectáculo no que o folclore é o nexo de unión entre país moi diversos. Este ano están presentes grupos de Senegal, Venezuela, Croacia, amais do Pais Basco e Galicia.

Dende Venezuela chega o grupo "Tradiciones" creado en 1996. O director-fundador, Juan Pérez, logrou reunir a músicos e bailaríns de destacada traxectoria artística, tanto nacional coma internacional. Entre as súas participacións nacionais máis destacadas compre citar a celebración dos 75 anos de historia da orquestra sinfónica de Venezuela, realizando un encontro entre a música clásica e a tradicional. A nivel internacional actuaron en Francia, Italia e Chile.

Nesta IX Noite Internacional do Miño participará tamén o grupo "Lions of Africa" formado polos mellores artistas senegaleses de hoxe en día. A través da maxia do seu colorido folclore e da súa tradición, o grupo convida a experimentar coa cultura e tradición africanas con bailes cativadores con acrobacias e moito ritmo. Representan a tradición senegalesa coñecida como "Simb", un ritual máxico que ten pasado de xeracións en xeracións de curandeiros coñecidos como "Griots". Consiste en representar a enerxía dun home coma a dun león que se converte no rei da xungla. A representación que fan é fascinante e marabillosa. Foron elixidos para representar a Senegal internacionalmente.

Dende Croacia chega o grupo Kud Frankopan-Remete que este ano cumpre 88 anos. Estáformado por 35 compoñentes cunha media de idade de 20 anos entre bailaríns/cantantes e músicos tamburitza. No repertorio que van ofrecer na Noite Internacional do Miño figuran cancións e bailes de varios lugares de Croacia, amosando a variedade folclórica e de costumes do seu pais. Teñen actuado en varios festivais folclóricos en Croacia, así como en países como Francia, Suíza, Italia, República Checa, Bélxica, Holanda e EE.UU.

Por último Alkartasuna Euskal Dantza Taldea presentará os autenticos bailes tradicionais do Pais Vasco. No seu repertorio figuran pezas de Ustaritz, Lizarra, Navarra, Zuberoa e Araba entre outros.

A Escola de Gaita e Bailas San Fins de Rebordáns convida a acudir a esta IX Noite Internacional do Miño no Parque do Laxal en Rebordáns, que ten contado nas edicións anteriores cun gran éxito de público.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Tui- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 121 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com