|  | | | | | A 'Bibliopiscina' ten tres anos de existencia. REMITIDA | | | |
Como en anos anteriores a Biblioteca Pública Municipal de Tui ofrece aos usuarios da Piscina Municipal o servizo de 'Bibliopiscina' para facilitar aos bañistas a posibilidade de achegarse no seu tempo de lecer á lectura, como unha alternativa de ocio ideal para este tempo de verán, segundo informou o Concello nun comunicado.
Con tal motivo os responsables da Biblioteca Municipal teñen realizado unha escolma de títulos para nenos e adultos, tanto en galego coma en castelán, que resulten de fácil lectura. Figuran igualmente algunhas obras de carácter turístico sobre Tui e a comarca do Baixo Miño e o Monte Aloia para usuarios foráneos que acceden á piscina no decurso das súas vacacións.
A posta en marcha desta iniciativa por terceiro ano ven avaliada pola boa acollida que esta iniciativa suscitou entre os bañistas, estando previsto renovar a colección de libros depositada na "Bibliopiscina" no vindeiro mes de agosto.
Igualmente coa pretensión de achegar á lectura e as súas múltiples posibilidades á poboación en xeral, a Biblioteca Municipal organiza unha actividade de contacontos na propia piscina municipal. Será a compañía Tusitala teatro que representara naquel escenario a obra "Contos dos sete mares" o vindeiro xoves 17 de xullo ás 18.00 horas. |