|
A Federación de Empresarios do Baixo Miño dará inicio entre o 1 de xullo e o 30 de setembro ao período de 'Rebaixas de Verán', "onde cada comerciante poderá fixar libremente as datas que considere máis oportunas para desenvolver dito tipo de vendas, debendo ser durante un período continuo de cómo mínimo unha semana e como máximo dous meses".
A FEBAM recorda que as rebaixas deben anunciarse mediante carteis fixados nos establecementos, que deben ser perfectamente visibles dende o exterior, aínda cando o establecemento esté pechado, e neles deberá constar claramente o período de vixencia das rebaixas. "No caso de reducir o prezo de todos os artigos nunha mesma porcentaxe, dito desconto poderá ser incluído no cartel anunciador das rebaixas".
Os comerciantes deben etiquetar os artigos de forma que se mostre de forma ben visible o prezo anterior e o prezo rebaixado de cada artigo. En substitución deste último, pode expresarse a porcentaxe de redución do prezo de cada artigo ou dun conxunto de artigos perfectamente identificados
Por outra banda, "non poderán ser obxecto de rebaixas aqueles productos deteriorados ou adquiridos expresamente para tal finalidade, nin tampouco aqueles artigos que non foran postos á venda con anterioridade" e nun mesmo establecemento comercial non poderán realizarse ao mesmo tempo venda de saldos e venda de rebaixas.
No caso de non admitir o pago con tarxetas en periodo de rebaixas, "deberá publicitarse claramente e nun lugar visible esta circunstancia, mediante cartel anunciador. A redución de prezos terá que afectar polo menos ó 50% da mercancía do local. Os artigos non rebaixados deberán de estar suficientemente separados e diferenciados dos rebaixados para non confundir ó cliente. Para recibir máis información dirixirse á Federación de Empresarios do Baixo Miño (Calle Martínez Padín 11, en Tui, o ben chamar o número 986 60 50 84).
|