|
Parabéns a Radio Municipal de Tui que acaba de cumprir e celebrar 15 anos de existencia. Durante este mes sucedéronse unha serie de actos para conmemorar tan redondo aniversario. Eu coma colaborador desta emisora e oínte gustaríame reflexionar sobre este feito xornalístico.
Os nosos irmáns de Radio Tui –xa que ao igual que vigometropolitano e vigosport estamos a facer tamén xornalismo local- acertaron na fórmula e hoxe son un referente informativo non só en Tui senón nas comarcas próximas como Valmiñor, O Condado, A Paradanta e, por suposto, en Baixo Miño así como nos municipios de Salceda e O Porriño (chamados A Louriña pero sen estatus comarcal).
Nun acto precioso e moi emotivo que tivo lugar o pasado venres na Área Panorámica coa presenza de políticos, xentes da cultura, veciños tudenses e doutros municipios así como colaboradores e traballadores da RMT actuais e outros que pasaron na súa longa historia e membros de emisoras irmáns e membros do consello de dirección, celebrouse a data como merecía. O cuarteto Caramuxo –¡contradicción son 6 compoñentes!- púxolle as notas musicais a conmemoración.
Gus Abreu un fermoso vídeo que suscitou risas e lágrimas de moitos ao verse anos atrás na TVT e na RTM. Tamén nun simpático folleto, moi ilustrado, queda constancia fotográfica y literaria desta conmemoración.
Sen embargo, o que máis percibín foi o agarimo entre todos. Mais especialmente para as persoas que levan o temón da nave cunha gran entrega. É o caso do director José Angel Font que se emocionou tanto que tivo que renunciar a falar para facelo logo un pouco máis calmado. Outra persoa decisiva na historia da radio é Bety Rey que tamén se notou o cariño con que foi homenaxeada e o técnico, Javier Martínez, por certo, se lle veu elegantísimo no acto así como con outras persoas. Non está mal que así sexa xa que o xornalismo e especialmente o local é sacrificado demais y a xente está aí por vocación e merecen isto e moito máis.
Logo tería lugar unha cea de confraternización onde estaba moita xente que saíu desa escola de imaxe e son que foi nos seus primeiros anos TVT e RMT como a actual presentadora da TVG Ana Pérez. Houbo brindis e obsequios para amosar o agradecemento a este trío que conduce os destinos desta empresa.
Tampouco faltaron agradecementos a corporación que presidiu Miguel Ángel Capón Rey que puxo en marcha esta emisora así como ao actual alcalde Antonio Feliciano González Rocha.
Todo resultou moi agradable e moi emotivo. Agora, tralos fastos, chega o momento de se poñer de novo aos micrófonos. Ese día a día que permite aos oíntes coñecer a actualidade máis próxima e, ás veces, a máis comprometida polo intereses encontrados a veces nos que os xornalistas vémonos inmersos.
¡Alomenos mil primaveras máis para RMT coa esperanza que volvan a poñer en marcha a TVT e que sega dando tantos e bos profesionais tudenses e doutras comarcas ao mundo audiovisual galego! |