Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Tui
Aplicarase nas rúas nas rúas Calvo Sotelo, Foxo, Rosa Bahamonde, travesía de Rosa Bahamonde e Augusto González Besada.

A Zonal Azul entrará en vigor no Concello de Tui o vindeiro luns

por Vm - 22/06/2008

A Zona Azul chegará mañá a Tui, segundo informou este venres a concellería de Tráfico e Policía Local do concello tudense. Así, dende o luns entrará en vigor a ordenanza de estacionamento gratuito limitado nas rúas Calvo Sotelo, Foxo, Rosa Bahamonde, travesía de Rosa Bahamonde e Augusto González Besada.

A Zona Azul aplicarase de 9.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas de luns a sábado, mentres que os domingos e festivos non se restrinxirá o aparcamento. Os vehículos poderán estacionar un máximo de hora e media, e non se poderá estacionar de novo na mesma rúa até pasadas dúas horas.

Dende a Concellería de Tráfico fan fincapé en que "todos os vehículos deben colocar os discos en lugar ven visible no coche para poder ser controlados pola Policía Local". Os discos están a disposición dos usuarios nas oficinas do Concello de Tui e nos establecementos asociados de ACITUI, e teñen un prezo de 0,49 euros.

Segundo a ordenanza reguladora da Zona Azul, considerarase infracción leve sobrepasar o límite horario ou volver estacionar na mesma rúa antes de que pasen dúas horas. A sanción será de 24 euros. Mentres que será unha infracción grave modificar a hora de chegada despois do estacionamento, e non ter disco comprobante. Neste caso a sanción que se imporá ascenderá a 36 euros.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Tui- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 136 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com