Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Tui

Máis dun centenar de colaboradores celebrará os quince anos da Radio Municipal de Tui no Teatro Principal

por Vm - 19/06/2008

O Teatro Municipal de Tui, na Área Panorámica, acollerá este venres, 20 de xuño, ás 21.00 horas, o acto central da celebración do XV Aniversario da Radio Municipal de Tui, RMT.

Máis dun centenar de colaboradores que ao longo destes anos teñen pasado pola RMT e a Televisión de Tui, volverán reunirse neste evento, para compartir e lembrar o seu paso por estes dous medios de comunicación. O acto contará cunha nutrida representación da sociedade tudense e das asociacións do municipio. As autoridades serán presididas polo alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, acompañado polos membros da corporación municipal. Neste evento contarase tamén coa presenza do decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro e o secretario xeral de EMUGA, Enrique Sanfiz.

No transcurso deste evento, que durará entorno a 45 minutos, proxectarse un vídeo con imaxes destes quince anos tanto da Radio como da Televisión, repasando algúns dos programas emitidos, e a historia deste tempo de comunicación.

O Cuarteto Caramuxo, integrado por Fernando Abreu, Felipe González, Óscar Prieto, Juan Carlos Vázquez, Alonso Caxade e Patricia Cela, ofrecerá un pequeno concerto.

E na quenda de intervencións tomarán a palabra o alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o decano do Colexio de Xornalistas, Xosé Manuel Pereiro, o secretario xeral de EMUGA, Enrique Sanfiz, e o director da RTMT, Jose A. Font.

O acto será aberto ao público en xeral até completar o aforamento do Teatro Municipal.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Tui- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 133 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com