|
'Vivir coma cans: cara unha conciencia de respeto os dereitos dos animais' é o nome da exposición que a Asociación Protectora de Animais sen Fronteira presentará a partires do día 10 de xuño na Sala de Exposicións do concello de Tui.
O obxectivo da mostra, que poderá visitarse ata o día 28 de xuño, é concienciar á cidadanía do abandono dos animais. "Facemos isto pola nosa impotencia e cansancio da chegada de moitos animais abandonados e maltratados que chegan o refuxio cada dia", informa a través dun comunicado a vicepresidente da entidade, Mónica Salgueiro.
Ésta exposición xa estivo no concello de Vigo o pasado mes de maio "e tivo gran éxito de cara as adopcións e aportacións", engadíu. A asociación pensa levala ós máximos concellos posibles "para que a xente vexa o que nos refuxios facemos para sacar animais adiante, e para concienciar as persoas para a tenza responsable dos cans e gatos, e o respeto para con eles".
|