Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Tui

Tui será a sede da 'Semana do Libro e Lectura'

por Vm - 13/05/2008
De esquerda a dereita, o concelleiro de cultura de Tui, Moisés Rodríguez, delegada provincial de Cultura, María Xesús López Escudeiro, e a representante da Aspg, Dores Silveira.

Tui celebrará dende o vindeiro domingo 18 de maio a 'Semana do Libro e Lectura', que organiza a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte coa colaboración da concellería de Cultura do concello de Tui e a coordinación da Asociación Socio-pedagóxica Galega. A maioría das actividades terán lugar na Biblioteca Municipal de Tui, no edificio Área Panorámica.

Así o informaron hoxe na rolda de prensa a delegada provincial da Consellería de Cultura e Deporte, María Xesús López Escudeiro, o concelleiro de cultura de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e a representante da Aspg, Dores Silveira.

O programa da 'Semana do Libro e a Lectura' comezará o domingo vindeiro, 18 de maio, ás 12.30 horas coa actuación no Teatro Municipal do grupo Migallas que porá en escena o espectáculo "Canta conosco!".

Do luns ao venres serán máis de 1.300 escolares dos centros de ensino do concello de Tui os que participarán nas actividades da 'Semana do libro e a lectura', que abrangue obradoiros de plástica, de monicreques, de ilustración, de contos e cantigas, de expresión escrita, teatro, etc, a cargo de recoñecidos profesionais como Mercedes Prieto, Marisa Irimia, Servando Barreiro, Antón Castro, Carolina Ramos, Tokio, etc.

De lúns a venres ás 18.30 horas haberá una sesión de actividades abertas ao público a cargo de Manolo Vázquez, de Berrobambán Teatro, de Marisa Irimia, Servando Barreiro, Charo Pita e Chus Ferrín.

Ao longo da semana desenvolvérase un curso de formación para o profesorado entre as 18.00 e as 20.00 horas. na que participarán os profesionais que realizan os obradoiros para os cativos.

Tamén o martes 20 de maio, ás 18.30 horas realizarase unha actividade para as familias, denominada "Animación á lectura dende a casa" dirixida a pais e nais sobre dinámicas de animación á lectura a desenvolver no fogar. Amais haberá diversas exposicións de libros, ilustradores e materiais elaborados polos alumnos dos centros educativos do concello tudense.

Finalmente a clausura terá lugar o sábado 24 de maio cunha nova actuación no Teatro Municipal ás 12.30 horas, desta volta coa actuación de Títeres Cascanoces que porá en escena a obra 'A rúa das pantasmas'.

Dores Silveira, da Asociación socio-pedagóxica galega, resaltou a importancia desta semana que chega a 10 localidades de Galicia que eles coordinan, e que ten como obxectivo "achegar o libro e a lectura a todos os sectores sociais para fomentar o hábito lector mediante actividades lúdicas".

Moisés Rodríguez Pérez, concelleiro de cultura tudense, congratulouse pola celebración desta Semana que ven afondar na aposta que realiza o Concello pola potenciación da biblioteca e as actividades de animación lectura, amais no ano dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez, tan vinculado ao mundo da lectura. Moisés Rodríguez agradeceu á Consellería a elección de Tui como sede desta Semana.

A delegada provincial da Consellería de Cultura e Deporte, María Xesús López Escudeiro, destacou "o carácter participativo, interdisciplinar desta actividade dirixida a todos os públicos pola variedade de actividades programadas para mergullar a todos na maxia da lectura".

Todos os intervintes salientaron e agradeceron o importante papel dos profesores dos centros de ensino de Tui pola súa colaboración na organización da Semana e convidaron aos tudenses e as xentes do Baixo Miño, de todas as idades, a participar nestas actividades.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Tui- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 80 votos
¿Considera que las fiestas de verano se adaptan a los gustos de los vigueses?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com