Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Tui

Tui celebra esta fin de semana a 'Xornada europea da cultura xudía'

por Vm - 03/09/2008
O alcalde tudense, Antonio F. Fernández Rocha, o concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, e a concelleira de turismo e medio ambiente, María José Rosada Silva.

Esta mañá tivo lugar a presentación do programa da 'Xornada europea da cultura xudía' a celebrar nesta vindeira fin de semana en Tui; na rolda de prensa participaron o alcalde tudense, Antonio F. Fernández Rocha, o concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, e a concelleira de turismo e medio ambiente, María José Rosada Silva.

Segundo un comunicado enviado polo concello tudense, por vez primeira a cidade de Tui participará nas actividades que na primeira fin de semana de setembro se organizan baixo a denominación de 'Xornada Europea da Cultura Xudía' e que acadan neste ano a súa novena edición. Estas actividades están organizadas en España pola Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad, que agrupa a diversos municipios españoles que conservan testemuñas da presenza do xudeus na súa historia. O Concello de Tui está interesado en sumarse a esta agrupación de municipios e coma primeiro paso neste proceso promove a celebración desta xornada que abrangue dúas visitas guiadas ao longo desta vindeira fin de semana.

O principal obxectivo desta xornada, que se celebra en toda Europa nesta mesa data, é promover o coñecemento e o achegamento ao patrimonio xudeu que se conserva nas nosas cidades, o legado histórico de Sefarad e as xentes que o habitaban.

Para a cidade de Tui a celebración destas xornadas é un novo xeito de poñer en valor o seu conxunto patrimonial, que salienta non soio pola amplitude da súa superficie senón polos vestixios que agocha no seu interior, moitas veces incluso descoñecidos para os propios veciños de Tui.

O programa previsto comeza o sábadp, 6 de setembro, ás 12.30 horas, coa visita "in situ" aos "sambenitos" do Museo Diocesano de Tui" a cargo de Jesús Casás Otero, director do Museo. O domingo, 7 de setembro, ás 12.30 horas, terá lugar a visita guiada aos vestixios xudeos no conxunto histórico de Tui, a cargo de Suso Vila Botanes, historiador.

Coa celebración desta xornada sobre a cultura xudía "rescatáse do esquecemento a importante aportación que esta comunidade realizou á vida e a historia da nosa cidade ao longo de moitos séculos", continúa o comunicado. Coas visitas guiadas organizadas e a cargo de recoñecidos especialistas os asistentes poderán achegarse ao coñecemento deste aspecto da historia tudense, pois Tui é un dos principais enclaves da presenza xudía no Noroeste hispánico, aínda que as veces este coñecemento fique restrinxido ao ámbito de especialistas. Con estas actividades pretendese a difusión destes aspectos que contribuirán á valorización da historia tudense e dos monumentos que se conservan como testemuñas desta evolución histórica.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Tui- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 136 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com