Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Tomiño

O PPdeG pide a anulación dos trazados da autovía Tui-A Guarda ao seu paso por Goián-Tomiño polo impacto territorial que provocará

por Vm - 29/08/2008

O deputado popular César Pérez Ares presentou no Parlamento de Galicia unha Proposición Non de Lei solicitando a anulación do actual estudio informativo cos tres trazados propostos pola Dirección Xeral de Obras Públicas para o tramo Goián-Tomiño da VAC Tui-A Guarda "xa que resulta prexudicial para a zona e vai a provocar a ruptura territorial e social de diversos barrios e parroquias con carácter permanente".

Así mesmo, Pérez Ares indicou que algún dos trazados conleva a demolición dun número importante de vivendas, afectando á zona cualificada como solar urbano de núcleos rurais e afecta a concentración poboacional de Tomiño, producindo un impacto severo sobre o patrimonio cultural e unha afección grave sobre os acuíferos, depósitos e traídas de augas polas que discorre o trazado.

O Grupo Popular entende a necesidade dunha vía que comunique Tui con A Guarda, "tal e como tiña programado para o ano 2005 o anterior goberno do PP na Xunta de Galicia, dado que a intensidade media diaria de vehículos ronda os 18.000". Sen embargo, a xuízo de Pérez Ares, "o novo trazado proposto agora é máis prexudicial para os veciños e veciñas xa que afecta a numerosas propiedades, é de peor deseño, mais longo e menos operativo que o tramitado polo Goberno popular no ano 2005".

Esta proposta de trazado se produce, a xuízo de Pérez Ares, "despois de tres anos perdidos e de promesas incumpridas do PSOE e BNG (que apostaban por un Vial polo Monte que a día de hoxe non se contempla nas actuais propostas) agora o cambio no trazado obedece máis a cuestións políticas que técnicas.

O deputado popular señala que este rexeitamento do trazado non se produce tan só polo PPdeG como se ten demostrado estes días co rexeitamento por parte de cidadáns, asociacións, comunidade de montes e mesmo nos numerosos conflitos desarrollados no concello de Tomiño durante a celebración dun pleno extraordinario e as máis de 2000 alegacións presentadas polos veciños no rexistro da Xunta.

O Grupo Popular solicita na súa iniciativa que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Urbanismo retome o trazado da denominada alternativa 2, do anterior goberno do PP da Xunta de Galicia, coas modificacións previstas no novo estudio informativo e de impacto ambiental publicado no DOG do 3 de agosto do 2005, coa finalidade de provocar a menor afección posible aos cidadáns e os seus bens.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Tomiño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 133 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com