Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Tomiño

Vivenda y Suelo contrata por 88.900 euros a elaboración do proxecto de expropiación para o Parque Empresarial de Tomiño

por Vm - 11/08/2008

A consellería de Vivenda e Solo contratou por 88.900 euros a elaboración do Proxecto de Expropiación para o desenvolvemento do Parque Empresarial de Tomiño sobre unha superficie de 540.000 metros cadrados. A empresa contratada dispón dun prazo de tres meses para a elaboración do proxecto, unha vez asinado o contrato.

Ao concurso público convocado pola consellería de Vivenda e Solo o pasado mes de xuño presentáronse un total de cinco empresas, resultando adxudicataria Lagares Ingeniería S.L. por formular a proposición máis vantaxosa no seu conxunto, tendo en conta que a mesa de contratación valorou a proposta económica, a planificación do traballo, o equipo humano dispoñible e a experiencia da empresa en actuacións similares.

Simultaneamente coa adquisición de terreos, Vivenda e Solo está tramitando o Proxecto Sectorial do Parque Empresarial de Tomiño, co obxectivo de acurtar prazos e iniciar as obras de urbanización no primeiro trimestre de 2009.

O Departamento autonómico prevé un investimento total de 15,3 millóns de euros para o desenvolvemento desta actuación en materia de solo empresarial, que ampliará a oferta de solo produtivo na área de influencia da cidade de Vigo.

Vivenda e Solo asumiu o desenvolvemento do Parque Empresarial de Tomiño o pasado mes de marzo, tras unha reunión celebrada en Madrid coa sociedade pública Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), inicialmente encargada do desenvolvemento desta actuación.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Tomiño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 133 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com