|  | | | | | Os veciños berraron, abuchonearon, aplaudiron, fixeron balbordo e contestaron as palabras dos polÃticos durante ámbolos dous plenos. RL. | | | |
Tomiño viviu onte a celebración de dous plenos extraordinarios pola actual estudio informativo de la Vía de Alta Capacidade, VAC, Tui-A Guarda. O primeiro pleno foi convocado polo grupo de goberno e o segundo pola oposición. O balbordo dos veciños que ateigaban o pequeno salón de sesións –mentres outros o seguían fóra a través de dúas pantalla de televisión preparadas para a ocasión- fixo perigar a celebración de ambos.
O grupo popular e Alternativa Tomiñesa manifestaron ao comezo do pleno do Concello que aínda que estaban de acordo cos puntos non así coa forma. O portavoz do PP, César Pérez Ares, fixo de portavoz de ambos grupos da oposición e manifestou que eles pedirán o 1 de agosto o pleno e que non había dereito que o grupo de goberno que o solicitou o 18 de xullo xuntara ambas sesión plenarias. Pérez Ares cualificou de "estafa democrática" este feito e aventurou a intención pouco recta do goberno de "suplantar o interese" e non deixar facer o labor de oposición a ambos grupos. Daquela, os concelleiros levantáronse e saíron do salón.
O público empezou a berrar e protestar e non deixou avanzar a alcaldesa Sandra González na lectura da moción. Despois duns minutos decidiu facer un alto na sesión para retomala máis tarde. A volta xa foi posible facerse escoltar porque os veciños deixaron de berrar e facer ruido con bociñas.
González presentou a moción como punto de encontro de tódolos os grupos municipais e como recurso para levar "unha soa voz" á Xunta de Galicia. A moción, consensuada, entre PSOE, CdT BNG solicita rexeitar as tres alternativas da PO-350 con enlace en Goian; crear unha comisión de seguimento dos grupos municipais xunto cun representante veciñal; pedir un informe a Política Territorial sobre o vial 2 comparando a afeccións coa alternativa B e solicitar un novo estudio informativo á Xunta. Punto este que a oposición díxolle que non era solución posible.
Os restantes grupos de goberno –coa oposición ausente- expresaron a súa posición. E todos recriminaron ao PP ter abandonado o pleno. Uxío Benítez fixo un repaso histórico polas distintas eventualidades do proxecto da VAC e entrou en defensa da alcaldesa. O representante de CdeT, Jesús Castiñeira afirmou que o "boicot" da oposción ao pleno perxudica a Tomiño e aos afectados que logo "non se lle moverá o trazado". E recomendou aos veciños que os que "apartasen" aos que "veñen a facer política". E matizou que "as decisións de alterar un goberno [municipal] tómanse nas urnas". Castiñeira abundo una parte histórica e a posición do seu grupo respecto a VAC.
Santiago Vergara, PSOE, advertiu da "perversidade" de lanzar novas propostas e, en referencia ao abandono da oposición, solicitou "unidade de acción". Avogou por atopar un punto de encontro "onde todos poidamos estar". E tamén defendeu que isto era o que tiña que levarse a consellería de Política Territorial. Fronte "aventuras" recomendou mellor "unanimidade" dos grupos municipais.
A votación conxunta de BNG, CdeT e PSOE aprobou a moción.
Xa no segundo pleno, solicitado por PP e Alt, para o que volveron a entrar os concelleiros, os tres puntos eran coincidentes cos do grupo de goberno. Para Pérez Ares a diferencia é que mentres a oposición explicou o por que do rexeitamento, en cambio, o grupo de goberno non deu explicacións.
O PP asegurou que "nos xogamos moito" nos intereses veciñais. Explicou que rexeitaba este trazado expostos na casa da Cultura porque "divide as parroquias", "transformará Tomiño" e terá "danos colaterais".
PXOM
Pérez Ares sinalou que a VAC vai afectar ao Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM, e haberá dificultades para construír nos actuais núcleos onde agora é posible. Este punto lle serviu para atacar ao grupo de goberno que é incapaz de ver as consecuencias que vai ter este proxecto.
O portavoz popular tamén criticou a solicitude da alcaldesa e do grupo de goberno dun "punto de encontro". Pérez Ares dixo que era pouco menos que imposible cun "goberno dividido". E puxo como exemplo un escrito moi favorable ao actual estudio informativo da VAC que fixo público o partido Socialista da comarca. Nel fálase da VAC actual como un "eixo vertebrador do Baixo Miño", "integrador dos planeamento urbanísticos", así como "minimizador do impacto ambiental en zonas de especial sensibilidade". Pérez Ares preguntouse se O Barro non é un deses núcleos que cómo é posible que se fale do impacto ambiental cando aínda non hai un estudio do trazado.
Non faltaron referencias a actual delegada en Pontevedra de Política Territorial, Isabel Domínguez, que visitou o municipio o pasado venres e que, segundo manifestou César, asegurou –traizoada polo subconsciente- que na VAC "non obedece a problemas técnicos senón políticos". Ademais inquiriu da alcaldesa que aclarase cando foi coñecedora do actual estudio informativo xa que, a xulgar polas palabras de Domínguez, houbo reunións previas. Pérez Ares pediulle alcaldesa que "obrigase aos técnicos a dar a cara" diante dos veciños.
Ademais, a oposición argumentou o seu rexeitamento ao actual estudio informativo porque aínda estando de acordo co rexeitamento das cinco alternativas, tamén agora o grupo socialista semella que defende a número 1. Por outra parte, César Pérez Ares asegura que no actual proxecto hai 4 ou 5 quilómetros más de percorrido co cal afecta a máis persoas e ao medio ambiente e dubida da operatividade para veciños como os de Figueiró que terán que dar un rodeo. |