Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Tomiño

O Bipartito rexeita no Parlamento a iniciativa do Partido Popular para reabrir a Escola Unitaria de Estás, en Tomiño

por Vm - 19/11/2008

Socialistas e nacionalistas rexeitaron hoxe no Parlamento a iniciativa do Partido Popular para reabrir a Escola Unitaria de Estás, en Tomiño. Para o deputado do Grupo Popular, César Pérez Ares, que defendeu na Comisión de Educación no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a que a Xunta proceda a inmediata reapertura do centro escolar, pertencente ó Colexio Rural Agrupado 'Mestre Manel Garcés', o rexeitamento do Bipartito "é unha clara mostra do abandono do rural por parte do bipartito na Xunta de Galicia que se amosa en todos os eidos, incluído o educativo".

Pérez Ares indicou nun comunicado que as circunstancias que se produxeron para o cese temporal da escola no ano 2005, como foi a baixa no número de matrículas, non se dan na actualidade. Así indicou que na actualidade existen como mínimo 8 familias interesadas en matricular os seus fillos, que xa solicitaron a reapertura ante a Delegación Provincial da Consellería de Educación, e o aumento poboacional na zona pode incrementar o número da alumnos a 12.

O deputado popular recordou, na defensa da súa iniciativa, as palabras do actual Vicepresidente da Xunta de Galicia na campaña electoral do 2005, nunha visita a escola na que Anxo Quintana se comprometía a manter aberta a escola para que o rural non vexa reducidos os seus servizos. "Unha cousa é a poesía da campaña electoral e outra é que o pouco tempo, xa formando parte do bigoberno, unha das primeiras medidas da Consellería de Educación foi suprimir esta Escola unitaria" criticou Pérez Ares.

Para o deputado do PPdeG "este bigoberno pasará a historia política do noso país por ser un Goberno que deixa a súa sorte o mundo rural en todos os eidos, incluído e educativo". Así indicou que dende que gobernan na Xunta de Galicia o bipartito pechou o 40% das escolas unitarias.

Mentres, o Bloque Nacionalista Galego manifestaba noutro comunicado que en Tomiño hai o triple de escolas unitarias "que as que o Partido Popular mantivo en Lugo" e acusaba a Pérez Ares de "buscar un titular" coas súas iniciativas. O diputado nacionalista Manuel Parga afirmou que precisamente a escola á que se refire a iniciativa foi suprimida no 2005, "cando gobernaba no concello o PP, e dende esa data até o de agora non consta ningunha proposta nin reclamación pública por parte do Partido Popular ao respeito". Ademais, engadiu o parlamentar, "non só a suprimiron senón que deixaron ese espazo nunhas condicións lamentabeis".

Parga asegurou que non existe no Concello de Tomiño a intención de suprimir escolas unitarias nin unha aposta contra a escola rural e o seu desmantelamento, "tal e como sostén o PP, e proba disto, dixo, é que dende o 2005 até o de agora o Centro Rural Reagrupado incrementou o seu catálogo de postos de traballo, que pasou de 18 a 23". Asemade, o deputado nacionalista explicou que neste municipio o Centro Agrupado inclúe 11 escolas rurais mentres en Lugo "o PP só deixou 3 e en Ourense 8, malia o dispersamento poboacional destas provincias.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Tomiño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 85 votos
¿Cre que é positivo manter a ilusión dos cativos galegos, con 'tantos' agasallos dos reis, nestes tempos de crise?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com