|
Novas Xeracións do Partido Popular de Tomiño denunciou onte a "política de propaganda levada a cabo polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, que leva anunciando fai algo máis dun ano coa creación das famosas galescolas". A través dun comunicado, o presidente da formación xuvenil, Esteban González Miranda, pregunta a que se refire cando anuncia a creación das galescolas, é dicir, "¿a caso refirese a apoderarse das escolas infantís e garderias feitas polo PP, como é o caso da escola infantil do centro de Tomiño que dun dia para outro apareceu coa placa de galescola?".
González Miranda asegura que "lamentablemente isto é o que está ocorrendo na gran maioria dos concellos galegos coa única finalidade de darlle propaganda ao señor Quintana, e o intento camuflado por erradicar o castelán do espacio público". Para Novas Xeracións, esta situación de "adoctrinamento" por parte da Xunta coas galescolas, e educación para a cidadania por parte do goberno central, traerá consigo "un brutal aumento do fracaso escolar" na ensinanza galega, "xa que os cativos chegaran a cursar os estudos de primaria ser ter un mínimo coñecemento do castelán, algo totalmente intolerable nunha sociedade bilingüe como é a comunidade de Galicia e donde galego e castelán conviven como as duas linguas oficiais".
Segundo González Miranda, o dato clave que demostra que as galescolas son un puro "instrumento de ideoloxización" do departamento de Anxo Quintana, é que non contan con un consello escolar, algo que é obrigatorio pola actual Lei Orgánica de Educacion (LOE), "impedindo así que os pais dos cativos poidan tomar ningunha decisión sobre a educación dos seus fillos e o funcionamento ordinario das escolas infantís". Un feito que para a formación xuvenil demostra que o proxecto levado a cabo polo BNG, e aprobado polo PSdeG "non cumpre a legalidade que a LOE obriga".
Por outra banda González Miranda critica a "pésima xestión" levada a cabo polo tripartito Tomiñes "porque a súa única forma de facer política é a de facer propaganda de falsas promesas" como ocorreu coa galescola de Goián, que no seu dia o BNG "vendeu por todo alto, pero o que non saben os veciños é que Goián non contará con galescola xa que para a Xunta, o local e o seu arredor, non cubrián as necesidades medioambientais que require unha acticidade destas características".
|