Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Tomiño
Podería suprimirse a principios de outubro a consulta dos sábados pola mañá

Santalices anunciou un posible recorte nos servicios médicos no Centro de Saúde de Tomiño ó suprimirse a principios de outubro

por Vm - 18/09/2008

Os deputados César Pérez e Miguel Santalices mantiveron onte unha rolda de prensa en Tomiño para denunciar a situación ""caótica e de abandono" que vive a Sanidade na Comarca dende que PSOE e BNG accederon á Xunta.

Pérez Ares puso como exemplo o Centro de Saúde de Tomiño que leva xa acumulado un retraso de 15 meses na súa posta en funcionamento pese as promesas "incumplidas" da Conselleira María José Rubio e do propio Secretario Xeral de que a principios do ano 2008 o centro iniciaría as súas actividades.

A esto debemos sumar o feito de que durante esta lexislatura que esta a piques de rematar o bigoberno non fixo nada por iniciar as obras dos centros de saúde de Tui e de Oia tan demandados por veciños/as e polos propios facultativos.

O mesmo tempo, Pérez Ares, considera que a alcaldesa de Tomiño e o concelleiro de Sanidade manteñen unha actitude de pasividade na defensa dos intereses dos potenciais usuarios deste Centro e preocúpalles pouco o nada a súa apertura.

Pola súa banda o portavoz de Sanidade Miguel Santalices anunciou un posible recorte nos servicios médicos no Centro de Saúde de Tomiño ó suprimirse a principios de outubro a consulta dos sábados pola mañá e dirixir aos doentes ó Centro de Tui o que podería provocar un colapso no actual servicio de urxencias de Tui.

Tamén denuncia a falta de sustitutos nos meses de verán que motivaron que as listas de espera en atención primaria en Tui se situara entre 7 e 10 días e en Tomiño entre 4 e 5 días.

Considera excesivo e inhumano que moitos facultativos tiveran que sustituir os seus compañeiros o que leva consigo consultas de 50 pacientes diarios o que sen dúbida merma a calidade e eficacia desexable.

Denunciase o caso de O Rosal donde o servicio de pediatria quedou sin sustituto durante un mes debido as vacacions do facultativo; circunstancia esta totalmente previsible.

Ambos deputados comprometéronse a presentar varias iniciativas no Parlamento; entre elas presentar resolucións no debate do Estado de Autonomía e solicitar partidas orzamentarias para o orzamento do ano 2009.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Tomiño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 133 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com