Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Tomiño
Arquitectos, xeógrafos e outros profesionais xerarán modelos arquitectónicos que preserven os valores paisaxísticos

Tomiño será obxecto dun proxecto de investigación sobre o seu territorio e paisaxe

por Vm - 17/09/2008

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe Teresa Táboas, colabora co Concello de Tomiño nun proxecto de investigación sobre o desenvolvemento sostible do territorio e a paisaxe neste municipio. O obxectivo deste proxecto é atopar un modelo de desenvolvemento sustentable que sirva como referente ao resto do territorio.

A Consellería e o Concello de Tomiño asinaron onte un convenio de colaboración para levar a cabo esta investigación. Este Departamento autonómico sufraga con 60.235 euros a realización do proxecto, que aportará unha información de gran valía de cara a configuración de futuras estratexias de desenvolvemento, segundo un comunicado da consellería.

En base a este convenio, se crearán seis equipos interdisciplinares, -formados por arquitectos, xeógrafos e outros profesionais-, coa finalidade de xerar modelos arquitectónicos que preserven os valores paisaxísticos das unidades territoriais seleccionadas dentro do Concello de Tomiño.

Nunha primeira fase elixiranse e delimitaranse as unidades territoriais obxecto de estudo tendo en conta tres tipos de paisaxe: urbana, agrícola e paisaxe con connotacións tanto urbanas como agrícolas. Unha vez seleccionadas, farase un diagnóstico sobre as principais ameazas destas localizacións, por exemplo o abandono da actividade agrícola ou un crecemento urbanístico desordenado, ou ameazas derivas da ausencia de modelos de crecemento alternativos.

Por último, en base a este diagnóstico, desenvolveranse seis proxectos: rexeneración urbana do núcleo urbano de Tomiño no seu conxunto, conexión entre os espazos urbanos e a paisaxe coa que limitan, identificación de unidades protectoras que definirán a situación das unidades agrícolas como elementos protectores do territorio, análise das edificacións e a súa integración no territorio, desenvolvemento urbanístico de novos núcleos e, finalmente, análise do que se define como arquitectura efémera asociada a actividades agrícolas ou a outros usos.

O desenvolvemento desta investigación permitirá prestar asesoramento técnico ao Concello, fomentar a conciencia colectiva da paisaxe como importante recurso cultural e contribuír a fomentar un desenvolvemento urbanístico ordenado.

Elixiuse o Concello de Tomiño para este proxecto "porque se trata dun municipio prototipo da paisaxe galega, no que convive o mundo rural e o mundo urbano, e que está sometido a algunha das cuestións que máis condicionan o modelo de desenvolvemento, como é a presión turística, a presión residencial, a reestruturación industrial e de infraestruturas, o feito de ser un Concello fronteirizo con Portugal e, polo tanto, un lugar de paso e de intercambio, tendo en conta ademais, que está na área de influencia da maior cidade galega".

Son todos aspectos que converten a Tomiño nun "excelente candidato" para ser protagonista deste proxecto de investigación sobre a paisaxe, sobre o territorio e como a preservación de ambos se pode conciliar cun desenvolvemento económico sustentable.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Tomiño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 133 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com