Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Tomiño

A Asociación Cultural Terras do Baixo Miño porá en funcionamento a Escola Comarcal de Teatro

por Vm - 12/09/2008

O presidente da Asociación Cultural `Terras do Baixo Miño´, Enrique Álvarez, anunciu onte nun comunicado a posta en funcionamento da Escola Comarcal de Teatro. Despois de manter distintas reunións cos colectivos culturais,educativos e cos responsábeis culturais dos concellos da comarca "nos que se concretaron as carencias e inquietudes neste eido e xa que non había proxectos inmediatos para cubrir as ditas carencias", iniciouse xa hai varios meses os trámites necesarios para a súa posta en funcionamento.

A Escola Comarcal contará con aulas en Tui, Tomiño e A Guarda, para cubrir os cinco concellos, e estarán dirixidas por un equipo multidisciplinar con ampla experiencia que darán clases de interpretación, clown, malabares... entre outras, e darán clases ao público en xeral maior de seis anos.

O prazo de preinscrición comezou o 8 de setembro e as clases comezarán o 1 de outubro, con aulas repartidas por toda comarca baixomiñota.

Este proxecto vén de sumarse a outros dirixidos pola Asociación como a Guía 'Cultura Baixomiñota', publicación mensual con toda a axenda da cultura, ocio e turismo da comarca.

    
Sobre este artículo
5 / 5 (1 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Tomiño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 133 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com