|
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Tomiño, César Pérez Ares, calificou de "absolutamente lamentable" a situación vivida con motivo da inauguración da Mostra de Pintura do pasado sábado, 6 de setembro, na Casa de Cultura do Concello de Tomiño.
Un acto institucional que, segundo afirma Pérez Ares nun comunicado, se viu "empañado" pola exposición dun cadro "onde se representaban imáxenes bíblicas en circunstancias e situacións que, sen dúbida, supoñian unha ofensa hacia as persoas con conviccións relixiosas ou en todo caso unha falta de respecto hacia a sensibilidade de calquera das persoas que de todas as edades poideran acudir a contemplar os lienzos".
Dito cuadro -que foi retirado posteriormente- "suscitou en varias persoas que asistiron a inauguración sentimentos de rexeitamento o que orixinou unha desagradable situación que debería haberse evitado e que non pode admitirse nun acto organizado e promovido por unha institución pública", denuncia o portavoz popular.
El grupo municipal del PP responsabiliza no seu escrito ao concello de Tomiño e concretamente ao responsable da concellería de Cultura, Jesús Castiñeira, desta situación que "da lugar a dous tipos de conclusións: ou ben permite e da cobertura a exposición deste tipo de cadros nunha Sala de titularidad municipal ou ben ignoraba e descoñecía a temática e contido dos cadros que formaban parte dunha exposición da que teoricamente el é o responsable, o que evidenciaría unha total falta de dilixencia e deixación de funcións no exercicio da súa responsabilidade", remata o comunicado dos populares tomiñeses. |