Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Salvaterra de Miño

O Casal honra a Nosa Señora de Fátima

por Vm - 14/05/2008
Procesión da Nosa Señora de Fátima ao redor da capela.

O barrio do Casal, en Salvaterra de Miño, celebrou onte as festas da Nosa Señora do Rosario de Fátima. A capela no alto do polígono de Chan da Lagoa acolleu nunha carpa exterior máis de medio millar de veciñas e veciños, devotas e devotos na misa maior que celebrou o párroco Bienvenido Váquez Bugarín acompañado de Guillermo Mandado, párroco de Alxén. A coral Lacedorium de Salvaterra cantó la misa e a banda deste municipio desfilou na procesión da Virxen.

Entre as autoridades municipais estuveron a primera teniente de alcalde, Marta Valcárcel e o segundo tenente de alcalde Manuel Andrés Acuña.

Pola tarde, a melloría do tempo animou aos veciños a participar nunha maratón así como en diversos xogos populares. Ao ser onte día festivo en Salvaterra, moitos nenos e nenas puideron disfrutar de xogos como a carreira de sacos, a tirada de cordas, etc. Os gañadores das diferentes actividades recibiron os seus trofeos.

Os tradicionais puestos de feira como polbeira, rosquilleiras, servizo de cafetería e outros atraxeron tamén aos veciños a celebrar a festividade.

Xa no serán, a verbena amenizada polas orquestas Gran Parada e Miramar congregou aos veciños e veciñas nunha velada musical.

Historia da festa

Estas festas da Nosa Señora do Rosario de Fátima comezaron no Casal hai 13 anos, dende que a imaxe da Virxe foi trasladada á súa capela en 1995, grazas á iniciativa das mulleres do barrio, que integran a comisión de festas.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Salvaterra de Miño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 96 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com