|  | | | | | O pavillón municipal acolleu aos 600 escolares de Salvaterra. R.L. | | | |
Na Semana das Letras Galegas, actividade da concellería de Cultura de Salvaterra que dirixe Marta Valcárcel, reuníronse 600 escolares do CRA e os colexios de Leirado e Salvaterra, para asistir á representación da obra "Os Narigudos" do grupo de títeres Tanxarina. Por mor do tempo, a representación tivo lugar no pavillón municipal, en lugar do parque público A Canuda.
Alumnos e profesores riron a cachón coas ocorrencias dos monicreques.
A outra activades vai ter lugar o vindeiro día 17, o propio das letras galegas, está previsto unha actuación da compañía Berrobambán que fara rir coa súa obra infantil 'Pinocho', ás 17.30 horas, na casa da Cultura.
Tódolas nenas e nenos que acudan a esta actividade na casa da Cultura recibirán un libro axeitado a súa idade e un Cd dos Neniños Cantores coma agasallo.
Mañá festivo
Mañá martes, día 13, vai ser día festivo local no municipio de Salvaterra xa que este ano o seu patrón, san Lourenzo, o 10 de agosto cae en domingo, e a corporación decidiu cambialo polo 13 de maio, día en que se celebra, no barrio de O Casal a Nosa Señora de Fátima. Pola mañá haberá misa as 10 da mañá na capela e a misa maior ás 12.00. Haberá postos de feira e unha polbeira. Pola tarde a comisión de festa ten preparada unha serie de xogos. |