Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Salvaterra de Miño

Salvaterra, punto de saída e meta ciclista, no Gran Premio Deputación de Pontevedra Júnior

por Vm - 09/05/2008
Teixeira e Carballido, organizadores da proba con Marta Valcárcel, concelleira de Turismo e Deportes.

Máis de medio centenar de ciclistas partirán do polígono industrial Chan da Lagoa, en Salvaterra, para correr o Gran Premio Deputación de Pontevedra júnior o 18 de maio, a partir das 16.30 horas. O percorrido total é de 105 quilómetros e segundo José Teixeira, director da Escola Club Ciclista Pontereas-Auga de Mondariz "é unha proba difícil polo percorrido, a súa dureza así coma pola quilometraxe".

Esta mañá, Teixeria e Jesús R. Carballido, director do grupo de xuvenis, reuníronse coa concelleira de Cultura e Deportes, Marta Valcárcel para matizar algúns puntos da organización desta carreira na que tamén colabora o concello de Salvaterra.

Entre os participantes, vai correr Jacobo García Seoane, un dos líderes desta competición Challange que en Salvaterra chega a súa cuarta proba e que visitará pronto Ponte Caldelas.

O circuito sae de Salvaterra, cara a Ponte do río Tea, Porto Centro, Arantei, Alxén-Grixó, Alxén, Cristiñade, Areas, Pontereas (meta volante), Fornelos, Salvaterra, Oleiros, As Neves (Porto Montaña), Tortoreos, Leirado, Oleiros, As Neves (Porto Montaña), Tortoreos, Leirado, Oleiros, As Neves (Porto Montaña), Tortoreos, Leiraado, Oleiros, Salvaterra (Meta). A chegada está prevista para as 19.16 horas.

Segundo José Teixiera, as etapas máis difíciles son as de Salvaterra-As Neves pola "orografía xa que está nunha dificultade case límite coa categoría xuvenil. Por iso é preparatoria do campionato galego".

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Salvaterra de Miño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 96 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com