|  | | | | | O Parque de A Canuda en Salvaterra. | | | |
Un total de 2.620 nenos e nenas de 25 colexios da provincia de Pontevedra visitarán o Parque de A Canuda de Salvaterra durante os meses de maio e xuño. Os escolares veñen de diferentes centros educativos de educación infantil e primaria dos municipios de Vigo, Tui, Bueu, Salceda de Caselas, Covelo, Tomiño, Ponteareas, As Neves, Arbo e O Porriño. A eles hai que engadir tamén a excursión programada polo Club de Fútbol Sala San Xoán, que achegará ao parque a 50 persoas máis.
Segundo informou o Concello de Salvaterra, as máis das visitas realizarán un percorrido polo parque acompañados dun guía que lles explicará os detalles máis interesantes e curiosos da zona, aínda que nestes momentos hai a posibilidade de vir en días sen visita guiada.
O calendario de visitas para maio e xuño no Parque de A Canuda é o seguinte.
07/05/2008 Colexio Mª Auxiliadora, Salesianos de Vigo. 50 nenos
09/05/2008 CEIP Atín Cela de Mos. 84 nenos
09/05/2008 Colexio Santa Cristina de Vigo. 250 nenos
14/05/2008 Cra. Mestra Clara Torres de Tui. 140 nenos
16/05/2008 Colexio Padre Miguez-Calasancias de Vigo. 140 nenos
21/05/2008 CEIP Balaidos de Vigo. 82 nenos
21/05/2008 Colexio Ramón y Cajal. 43 nenos
23/05/2008 Colexio Apóstol Santiago (Xesuitas) de Vigo. 200 nenos
23/05/2008 Colexio Virxe Milagrosa de Bueu. 50 nenos
28/05/2008 CEIP Mestres Goldar de Vigo. 150 nenos
29/05/2008 Colexio Apóstol Santiago( Xesuitas) de Vigo. 200 nenos
30/05/2008 CEP Altamira de Salceda. 131 nenos
04/06/2008 Cra Antía Cal. 70 nenos
04/06/2008 Colexio Losada de Vigo. 61 nenos
06/06/2008 CEIP Antonio Blanco de Covelo. 38 nenos
06/06/2008 CEIP de Tebra (Tomiño). 27 nenos
10/06/2008 CEP Pedro Cameselle de Tomiño. 87 nenos
11/06/2008 CEIP Antonio Blanco de Covelo. 38 nenos
11/06/2008 CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas. 76 nenos
13/06/2008 CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas. 81 nenos
13/06/2008 CEIP As Neves. 240 nenos
16/06/2008 CEIP Antonio Carpintero de Arbo. 41 nenos
18/06/2008 CEIP Antonio Carpintero de Arbo. 46 nenos
18/06/2008 CPI: da Ribeira de Torneiros (O Porriño). 60 nenos
20/06/2008 Cra Manuel Garcés de Tomiño. 185 nenos
21/06/2008 Club Fútbol Sala San Xoán. 50 persoas
No pasado mes de abril os centros que visitaron o Parque foron o Colexio Altamira de Salceda (55 nenos), o Colexio Fermín Bouza Brey de Ponteareas (171 nenos) e o CPI Ribeira de O Porriño (45 nenos). |