Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Salvaterra de Miño

Estudantes suizos de español visitan Salvaterra nun intercambio

por Vm - 21/04/2008
Marta Valcárcel obsequiou aos suízos cunha placa conmemorativa do concello de Salvaterra
A concelleira de Cultura de Salvaterra e tenente de alcalde, Marta Valcárcel, recibiu esta mañá a 23 estudiantes de español de Suíza con dous profesores, Gisele Comte e Jean Pierre Bichsel. O grupo viña acompañado tamén pola profesora Belén Ojea do IES de Salvaterra que organiza o intercambio. A concelleira deulles a benvida e desexoulles unha moi feliz estancia de 7 días entre nós.

 

 

Valcárcel obsequiounos cunha placa conmemorativa do concello de Salvaterra así como outros folletos de información turística do municipio. Os rapaces de 18 anos visitaron a casa do Concello e logo se dirixiron ao parque público de A Canuda, unha zona de lecer moi significativa do municipio.

 

Os suízos están aloxados nas casas dos alumnos do IES que xa estiveron no pasado mes de outubro en Suíza, durante 10 días. Estes días van visitar Santiago de Compostela, Tui, Baiona e A Guarda así como as dunas de Corrubedo que, segundo a profesora Belén Ojea, foi o que máis lle chamou a atención nos folletos que lle enviaron de Galicia e que eles mesmo elixiron visitar.

 

O mércores vai ser o día que estarán no IES de Salvaterra asistindo as clases cos seus compañeiros salvaterrenses.

Os estudantes recibiron unha placa conmemorativa da súa viaxe.


    
Sobre este artículo
5 / 5 (1 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Salvaterra de Miño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 96 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com