Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Salvaterra de Miño

O primeiro grupo de adultos comeza en Salvaterra os cursos de informática básica

por Vm - 14/04/2008
Preto dun centenar de persoas aprenderán en Salvaterra nocións de Internet e aplicacións informáticas.
Marta Valcárcel, que dirixe a concellería de Cultura de Salvaterra, deulles esta mañá a benvida as primeiras alumnas dos cursos de informática básica para adultos (máis 30 anos). A concelleira fixo fincapé na importancia dos grupos reducidos de 8 alumnas/os que permitirán unha atención personalizada así como certa complicidade entre os integrantes de cada grupo.

 

Finalmente houbo que aumentar as horas xa que están inscritas preto de un centenar de persoas que van familiarizarse coas aplicacións informáticas así como coa utilización de Internet como instrumento de comunicación. Salvaterra conta cunha rede wifi de balde para os veciños que lles permite acceder as 24 horas do día aos correo electrónico e a navegación nas páxinas web.

 

O concello de Saltaverra, a través destes cursos e coa disponibilidade de acceso a Rede, pretende fomentar a utilización de Internet entre os salvaterrenses para comunicarse por exemplo con parentes que viven lonxe do municipio coa inmediatez e o baixo custo que ten a Rede de Redes.

A concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, deulles a benvida aos primeiros alumnos esta mañá.


    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Salvaterra de Miño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 96 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com