Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Salvaterra de Miño

As veciñas de Salvaterra poderán participar nunha campaña de detección precoz de cancro de mama

por Vm - 11/04/2008
A detección precoz do cancro de mama é unha das ferramentas máis efectivas para conseguir maiores probabilidades de éxito na superación desta enfermidade que afecta á muller. Por esta razón, o concello de Salvaterra inicia este venres 11 de abril unha nova campaña promovida polo Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer.

 

Segundo a concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, “a iniciativa é moi importante para as veciñas de Salvaterra, porque agora teñen nas súas mans a mellor maneira de prevenir esta enfermidade”. 

 

A campaña consiste na realización gratuita de mamografías a tódalas mulleres de 50 a 68 anos deste concello. As mamografías faranse na Unidade Móbil de Exploración, ubicada na Praza da Oliva. Mediante unha carta comunicaráselle o dia, hora e lugar o que teñen que acudir.

 

Tódalas mulleres que teñan entre 50 e 68 anos e que non recibisen carta poden chamar o telefono 981141414, onde lles darán unha cita.

 

A campaña prolongarase desde o 11 de Abril ata o 11 de Maio, en horario de 8.30 a 14.00 horas.
    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Salvaterra de Miño- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 32 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com