Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Salceda de Caselas

Dous colexios de Salceda acollerán a 'Aula Matinal Municipal'

por Vm - 29/08/2008

A concellaría de Ensino, Promoción do Emprego e Formación do Concello de Salceda de Caselas vai levar a cabo un programa nos dous centro escolares de infantil e primaria existentes no municipio. Trátase dunha 'Aula Matinal Municipal' que levará por nome 'Espertando na escola'.

Os destinatarios deste programa serán aqueles rapaces con idades comprendidas estre os tres e os once anos, cuxos pais comezan a súa xornada laboral antes de que os rapaces entren na escola. O programa vai estar operativo no colexio Altamira de Salceda a partires do día 15 de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, e os pais que o soliciten, poderán facer uso del desde as 7 da mañá ata as 9.15 ou 9.30 horas segundo as idades dos rapaces e a entrada o seu centro escolar.

Esta aula matinal, ademais de ter os rapaces en mans de monitores ata a súa incorporación as clases regradas, vai permitir que poidan desaiunar alí e mesmo existe a posibilidade dun transporte desde as parroquias ata o centro, para facilitar o participación dos rapaces non residentes no casco urbano. O prezo mensual da aula é de 15 euros, o que hai que incluír os 2 euros do desaiuno para aqueles rapaces que o soliciten.

Para informarse sobre o programa poden chamar directamente a Concellaría de Educación no teléfono 675 232 832 ou na OMIX situada na planta baixa do Concello, teléfono 986349003, ext. 4.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Salceda de Caselas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 134 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com