Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Salceda de Caselas

O PSdeG de Salceda fai o balance do primeiro ano de bipartito no municipio

por Vm - 18/06/2008
Enrique Cabaleiro e Marina Cabaleiro dixeron que seguirán 'apostando' pola liña de colaboración co BNG. REMITIDA.

A executiva local do PSdG-PSOE de Salceda reuniuse o pasado luns en sesión extraordinaria para facer balance do primeiro ano do pacto de goberno municipal co BNG en concreto da xestión das súas áreas de goberno: Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Ensino e Emprego. A través dun comunicado, sinalou que considera "positivo o camiño percorrido, ainda que non exento de dificultades na xestión política do mesmo". Os socialistas apostan por seguir mantendo a liña de colaboración actual "xa que o consideran imprescindible para arranxar os problemas que ten nestes momentos o concello".

A secretaria xeral dos socialistas de Salceda e concelleira de Ensino e Emprego, Marina Cabaleiro, salientou que neste primeiro ano de goberno se puxo en marcha o Obradoiro de Emprego que se está a desenvolver en Salceda na actualidade, cun orzamento de casi un millón de euros e que está a dar formación e traballo a máis de cuarenta persoas. Con este obradoiro estase a reformar o antigo concello de Salceda para convertilo nun espazo dedicado integramente a equipamentos culturais (biblioteca municipal, hemeroteca, sala de exposicións, a oficina de OMIX, entre outros). Así mesmo, se vai a levar a cabo o acondicionamento do xardin do Colexio Raiña Aragonta "e si o orzamento o permite acondicionarase un auditorio ó aire libre no Centro Ocupacional do Torrón en Entenza".

Polo que respecta a area de Educación, a concelleira fixo fincapé nas reformas levadas a cabo en todas as escolas unitarias das parroquias de Salceda, "reformas que nalgún caso ainda están pendentes de rematar, sobor de todo, pola falta de presuposto para levalas adiante". A concelleira manifestou que en breve e colocarán as ventanas novas no Colexio Público Altamira por un importe de trescentos mil euros. No mesmo comunicado, Marina Cabaleiro suliñou que o proxecto máis importante no que está a traballar nestes momentos é conseguir os terreos para a construción dun novo colexio de primaria en Salceda, así como tamén a implantación dun comedor escolar.

Pola súa banda o concelleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Enrique Cabaleiro, manifestou que "o logro máis importante" foi a aprobación do Proxecto de Abastecemento de Auga a Salceda procedente do Río Oitavén, pola Xunta de Galicia, obra que conta cun orzamento de tres millóns de euros. Enrique Cabaleiro salientou como necesidade máis urxente a apertura canto antes da depuradora de Guillarei, "como solución ós múltiples problemas de depuración que está a ter Salceda", apertura que segundo a Consellería de Medio Ambiente podería producirse no mes de outubro. As prioridades da súa concellaría para o futuro van ser a de desenvolver a Axenda Local 21 en Salceda e incluir ó concello na rede galega de núcleos de sostibilidade.

 

 

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Salceda de Caselas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 136 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com