A Oficina Municipal de Información o Consumidor (OMIC) do Concello de Salceda de Caselas recibiu o longo do ano 2007 un total de 155 consultas relacionados con temas sobre garantías, dereitos dos consumidores, reparación de bens consumibles, revogacións de contratos, e outros. A súa tarefa nestes casos foi de información ou mediación. Así o informou onte a OMIC nun comunicado.
A súa vez tramitou un total de 52 reclamacións ao Instituto Galego de Consumo (IGC), para que este decidise se os denunciados se someterían a Arbitraxe de Consumo ou se resolverían mediante outro tipo de vía administrativa. Por apartados, das 50 reclamacións 20 foron contra empresas de telefonía móbil e fixa, sendo este o apartado máis destacado tamén nas consultas.
Seguen a distancia as reclamacións relacionadas coa venta de electrodomésticos e a venta de productos a domicilio con 5 reclamacións cada unha, a continuación os talleres de automóbiles con 3 e as zapaterías, comercios e téxtiles, as clínicas médicas, as compañías eléctricas, as constructoras, a banca e as financeiras con 2 cada unha; e por último as academias, os inmobiliarios e as estacións de servicio con 1 reclamación interposta.
|