|
O CRA Raíña Aragonta de Salceda de Caselas, con motivo da celebración do ‘Día do Libro’, que se celebrou o pasado 23 de abril, e das ‘Letras Galegas’, que se conmemora o vindeiro 17 de maio, presenta este venres a Exposición ‘Vinde a ler, entrade noutros mundos’. A mostra, que contou coa colaboración do 100 por cento das familias e dos alumnos, ademáis das Concellarías de Normalización Lingüística e Educación, se inaugura ás 18.00 horas, no auditorio municipal.
Na exposición pódense ver construccións relativas a libros para nenos, todos eles en galego, feitas con grande creatividade, e cos máis diversos materiais. A exposición permanecerá aberta de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, os martes e xoves de 18.00 a 23.00 horas, e os días en que haxa actos no auditorio, ata as Letras Galegas.
|