|  | | | | | O alcalde de Salceda, Marcos Besada, xunto a concelleira de Cultura, Teresa Pérez González, destacou a importancia de que por vez primeira se incluÃsen os centros culturais nestas axudas nominativas xa que 'sempre fostes os grandes esquecidos nos orzamentos'. | | | |
Un total de 13 asociacións de Salceda de Caselas, entre as que están os centros culturais, as corais, a banda de música e os entroidos de A Feira e Castro Barreiro, van recibir un total de 48.600 euros, partida que se incrementou nun 34% con respecto ao pasado ano. Ademáis destes 48.600 euros, a Concellaría de Cultura reserva outra partida de 7.000 euros para que outras entidades culturais do municipio reciban tamén axudas económicas do Concello. Esta partida aumentouse tamén nun 31 por cento con respecto ao 2007. Esta convocatoria de subvencións ven de aprobarse na última Xunta de Goberno Local, polo que nos próximos días se abrirá o prazo de solicitudes.
O alcalde de Salcedad, Marcos Besada, destacou a importancia de que por vez primeira se incluísen os centros culturais nestas axudas nominativas xa que “sempre fostes os grandes esquecidos nos orzamentos”. O rexedor e a concelleira de Cultura, Teresa Pérez, González, manifestaron tamén o seu desexo de que “cada vez sexan máis as asociacións que reciban as axudas de maneira nominativa”, evitándolles así o proceso de solicitude de subvencións, e podendo ter xa claro dende principio de ano a axuda que van recibir do Concello.
No que se refire ao deporte asináronse 68.900 euros, que se repartirán entre os clubes de fútbol, baloncesto e balonmán Caselas, as escolas deportivas municipais, o Club Ciclista Aragonta e o Club de Xadrez Altamira. Tanto o Club Ciclista como o de xadrez é a primeira vez que se inclúen nestas axudas nominativas.
A Concellaría de Deporte reserva tamén unha partida de 6.000 euros para outras entidades deportivas do Concello, tales como os equipos de futbol aficionado que cada domingo xogan nos campos das parroquias e que nunca recibiron axuda algunha por parte do Concello “porque a maior parte destes equipos non estaban constituídos como club deportivo, paso que están dando agora co asesoramento da Concellaría de Deporte de Salceda”. No total, a partida da Concellaría de Deporte no que se refire a axudas aos clubs incrementouse tamén nun 15 por cento.
|