Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Salceda de Caselas

O IES de Parderrubias, en Salceda, vai contar cunha pista deportiva

por Vm - 25/04/2008

O Instituto de Educación Secundaria de Parderrubias, en Salceda de Caselas, vai contar cunha pista deportiva. A directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, que estivo no municipio a semana pasada, confirmou ao Concello a construcción desta infraestructura nos terreos do centro escolar.

Os técnicos da Dirección Xeral estiveron visitando o centro na compaña da directora do mesmo e dos mestres da área de deporte para redactar o proxecto definitivo. A pista, dunhas dimensións regulamentarias de 40 x 20 metros cuadrados terá un peche perimetral e uns equipamentos que van permitir a práctica de baloncesto, balonmán, voleibol e fútbol sala entre outros. 

O alcalde de Salceda, Marcos Besada, dixo que esta infraestructura deportiva era demandada dende hai moito tempo pola comunidade escolar “e vai permitir a utilización das instalacións deportivas do IES Pedras Rubias tamén fora do horario escolar, mediante a sinatura dun convenio de colaboración co centro”.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Salceda de Caselas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com