|  | | | | | Montserrat Prado, acompañada polo alcalde Marcos Besada, estivo a semana pasada en Salceda de Caselas para coñecer de preto os proxectos de modernización e adecuación dos equipamentos comerciais. | | | |
O Concello de Salceda ten previsto humanizar a rúa Pontevedra, a Praza do Mercado Municipal e a rúa Dr. Zunzunegui, primeiros obxetivos do plan de humanización que está a diseñar o goberno municipal para mellorar a calidade urbanistica da vila. Estes proxectos foron presentados na convocatoria de subvención de mellora de zonas comerciais da Xunta de Galicia.
A delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria, Montserrat Prado, estivo a semana pasada en Salceda de Caselas para coñecer de preto os proxectos de modernización e adecuación dos equipamentos comerciais que se están proxectando no centro da vila.
Monserrat Prado estivo acompañada polo alcalde de Salceda, Marcos Besada, polo concelleiro de Vias e Obras, Fortunato Álvarez, e polo concelleiro de Tráfico, Xosé Manuel Suárez. No transcurso desta visita, e coincidindo co mercado semanal dos mercores fixose, un percorrido polas ruas onde se situan os vendedores ambulantes ata a praza de abastos, onde mantiveron conversas informais cos comerciantes para interesarse polos problemas e demandas do sector.
|