Inicio > Otros ayuntamientos > Salceda de Caselas

Aberto o prazo de inscrición para a actividade de escalada en Salceda

por VM - 27/06/2009

Está aberto o prazo de inscrición, na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Salceda, para participar na actividade de escalada. A iniciativa celebrarase nos días 17 de xullo e 28 de agosto.

Dirixido a rapaces de 14 anos en adiante con inquietudes cara ao mundo da escalada e dos deportes de montaña en xeral, que queiran ter unha iniciación con seguridade nesta disciplina. Os menores de 18 deben traer asinado un cosentimento paterno. A inscrición, 5 euros. Máximo 20 prazas.

Os obxectivos desta iniciativa son o coñecemento do medio e da actividade que permita despois aprender as técnicas xestuais de progresión e seguridade básicas. Así, os contidos das aulas serán técnica xestual básica, aseguramentos e ecoloxía e sensibilización ambiental.

Os alumnos contarán cun profesorado con ampla experiencia en alpinismo, escalada e cursos a deportistas, precisamente 1 técnico en actividades do medio natural e 1 instrutor de escalada da Federación Galega. As aulas terán lugar de 9.00 a 14.00 horas, na Escola de Escalada (Monte Faro de Budiño).

Material necesario: roupa cómoda (chándal vello ou similar), calzado cómodo (deportivas ou botas de monte), xente con pelo longo imprescindible algo con que suxeitalo en atado. O material necesario para a práctica da escalada será proporcionado pola organización (pes de gato, arnés, cordas…).

Para máis información e para anotarse, na OMIX do Concello, ben chamando ao teléfono 986 349 003, extensión 4, ou entrar na web da Alcaldía.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com