Inicio > Otros ayuntamientos > Salceda de Caselas

A Asociación Cultural Xunco de Parderrubias, de Salceda, acada o segundo lugar na súa categoría na 3º Festival de Playbacks

por VM - 26/06/2009
 
Unha das actuacións que tivo lugar nesta edición do Centrovisión. REMITIDA.

O Club Recreativo Cultural de Guizán foi o grande vencedor do 3º Festival de Playbacks que se celebrou o pasado sábado, no Porriño, xa que acadou o primeiro posto nas tres categorías. De todos modos, Salceda tampouco se pode queixar xa que das tres entidades que participaron no evento, o Centro Cultural e Social de Soutelo e a Asociación Cultural Xunco de Parderrubias lograron o segundo posto na categoría A e C, respectivamente, e Soutelo obtivo tamén o terceiro posto na categoría B.

Organizado pola Asociación Cultural Os Penediños de Atios, o resultado final foi na categoría A, Guizán (1º), Soutelo (2º) e Centro Cultural Santa Eulalia de Mos (3º); na categoría B, Guizán (1º), Santa Eulalia (2º) e Soutelo (3º); e finalmente na categoría C, Guizán (1º), Xunco (2º) e Santa Eulalia (3º).

Nesta 3ª edición participaron C.C. Social de Soutelo, A.C. Xunco de Parderrubias, Asociación Cultural Seixos Albos de Areas (Tui), C.R.C. de Guizán, Asociación Cultural A Forna de San Salvador de Budiño, C.C. Santa Eulalia de Mos e Centro Cultural Deportivo e Social O Coto de San Esteban de Budiño. Fora de concurso participaron Asociación Cultural San Fins de Rebordáns e A.C. Os Penediños de Atios.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com