|
A sesión ordinaria do Pleno de Salceda deste venres, 26 de xuño, tratará da proposta de aprobación inicial de regulamento para a creación de ficheiro de datos protexidos para control de asistencia do persoal do Concello.
Outro punto da orde do día é a proposta do 16 de xuño da Alcaldía ao Pleno do Concello de Salceda de Caselas para a revogación de delegacións feitas na ORAL respecto dos impostos sobre construcións, instalacións e obras e sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana e da taxa de expedición de licencias urbanísticas.
Tamén se levará a Pleno a proposta de aprobación inicial do expediente 3/2009 de modificación do orzamento xeral do Concello para 2009 (Transferencia de crédito 1/2009) e o levantamento de reparo suspensivo emitido pola Intervención do Concello, mediante informe 22/2009, de 10 de xuño de 2009 (achega do Concello para convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia para a redacción de plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais).
|