Inicio > Otros ayuntamientos > Salceda de Caselas

A Asociación Amigos da Música de Salceda celebra este sábado a audición de fin de curso

por VM - 25/06/2009
 
Así, na audición poderase ver o traballo realizado por todos os alumnos que forman parte da escola, dende os de música e movemento, onde os máis pequenos teñen 4 anos de idade, pasando polos que están a perfeccionar o estudio do seu instrumento para mellorar a calidade da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas. ARCHIVO VM.

A Asociación Amigos da Música de Salceda organiza este sábado 27 de xuño, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas a audición de fin de curso da Escola de Música. Unha audición que estará chea de sorpresas e que se presentará dunha forma dinámica na que todo o público pasará un rato moi agradable.

Así, na audición poderase ver o traballo realizado por todos os alumnos que forman parte da escola, dende os de música e movemento, onde os máis pequenos teñen 4 anos de idade, pasando polos que están a perfeccionar o estudio do seu instrumento para mellorar a calidade da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas e en moitos casos preparándose para vivir profesionalmente da música.

Tamén se verán os alumnos que aprenden a tocar un instrumento por afección no que non hai límite de idade, este é o caso dos alumnos de gaita, acordeón, guitarra, percusión africana e baile de salón.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com