Inicio > Otros ayuntamientos > Salceda de Caselas

Alcaldes de Salceda, Tui, Mos e O Porriño volven a reunirse con Augas de Galicia para avanzar na elaboración da ordenanza fiscal para a posta en marcha da depuradora de Guillarei

24/06/2009
 
Calcúlase que nos primeiros tres anos o mantemento da depuradora de Guillarei custará preto de 2,5 millóns de euros.

Os alcaldes e os interventores de Salceda, Tui, Mos e O Porriño reuniranse o próximo luns, día 29 de xuño, con representantes de Augas de Galicia para seguir avanzando na elaboración da ordenanza fiscal que se aplicará nos catro municipios para a posta en marcha da depuradora de Guillarei.

A aprobación desta ordenanza é un paso determinante porque "a Xunta non está pola labor de poñer en marcha a depuradora mentres non estea aprobada e iso é algo moi complexo porque afecta catro municipios, que teñen que presentar o informe favorable dos seus interventores", sinala o concelleiro de Medio Ambiente de Salceda, Enrique Cabaleiro.

Mentres, o alcalde salcedense, Marcos Besada, afirma que "tamén pedimos unha reunión ao novo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, que será quen terá que asumir os compromisos acordados o pasado 14 de xaneiro". Besada sinala que antes do cambio de Goberno na Xunta leváronse a cabo diversas accións. Por exemplo, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil contratou, por 1,5 millóns de euros, unha empresa que é a que fai os traballos de revisión de todos os colectores. Mentres que en febreiro contratouse Aquagest para a posta en marcha da Estación Depuradora de Augas Residuais e, en canto ao subministro eléctrico da planta, xa se chegou tamén a un acordo entre Fenosa e Seta. Todo iso porque "nun prazo de 2 a 3 anos preténdese que o 95% das vivendas dos catro municipios estean conectados con Guillarei", lembra o rexedor.

De todos modos, o concelleiro de Medio Ambiente salcedense, Enrique Cabaleiro, admite "non entender ben que abran a depuradora para comezar a facer un pre-tratamento, porque ou se verte ou non", mentres que o rexedor salcedense asegura que "para nós válenos". Por iso, Besada espera que se cumpran os prazos, de maneira que a finais do mes de agosto de este ano xa comezaría esta fase de pre-tratamento "aínda que a depuradora só estará definitivamente operativa máis adiante", nun prazo mínimo de 9 a 12 meses, ou sexa, que toca a esperar.

Plan de inversións

No caso de Salceda, o plan de inversións elaborado contempla diversas prioridades. En primeiro lugar, hai unha previsión de partida de 2.365 millóns de euros, destinadas ás obras de conexión dos colectores secundarios aos xerais e ao remate das obras de saneamento da 1ª fase nas parroquias de A Picoña e Parderrubias. Estas últimas "quedaron colgadas trala quebra da empresa Seixo, pero comezarán en breve", informa o rexedor.

En segundo lugar, había o compromiso inicial de destinar 1,5 millóns de euros para o saneamento das parroquias de Budiño, Entenza e Soutelo, partida que agora, finalmente, viuse triplicada. O proxecto de Budiño, de 1.007.000 millóns de euros, xa está presentado "e foi asumido por Augas de Galicia", indica Besada, mentres que os de Soutelo (900.000 euros) e Entenza (1.070.000 euros) aínda non están rematados "pero o compromiso que había era que a Xunta financiaría ata o 100%", recalca o alcalde salcedense.

Besada di non entender que agora a Xunta diga que "non hai cartos, outra cousa é que non existan partidas concretas". De todos modos, o alcalde salcedense cre a depuradora de Guillarei "é máis que unha prioridade", principalmente "cando xa se gastou 100 millóns de euros nestas instalacións". A posibilidade de que a planta non se poña en marcha vea como moi remota porque, recalca, "levamos 12 anos pospoñendo a obra e, repito, houbo unha inversión dos fondos europeos aquí, polo tanto é nosa responsabilidade poñela en marcha".

A estación depuradora de Guillarei dará servizo aos concellos de Salceda, Mos, O Porriño e Tui. A anterior Consellería de Medio Ambiente comprometérase a investir 7 millóns de euros nos próximos tres anos para conectar a tódolos veciños que carecen de enganche aos colectores que se comunican con Guillarei.

Calcúlase que nos primeiros tres anos o mantemento da depuradora de Guillarei custará preto de 2,5 millóns de euros. O que estaba previsto, ata o cambio na Xunta de Galicia, é que os concellos sufragarían 1,5 millóns e o restante a consellería. Ademais, cada municipio tería unha taxa proporcional aos verquidos que realice. No caso de Salceda, cínguese a case 160.000 euros, valor que ascendería en O Porriño, onde se atopa o 73% das industrias que realizan vertidos.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com