| |  | | | | | Unha das últimas reunións dos usuarios do Banco do Tempo de Salceda. REMITIDA. | | | |
Máis de 40 intercambios durante os meses de marzo, abril, maio e xuño no Banco do Tempo do Concello de Salceda. Neste intre, hai 30 persoas pendentes de ser recibidas nunha primeira entrevista para formalizarse como usuario e/ou recibir información.
O servizo que obtivo maior resposta foi o de acompañamento a camiñar, os servizos que lles interesaría ofrecer ós usuarios foron os de acompañamento á infancia e a persoas maiores, cociña e deporte, mentres que os servizos que máis lles gustaría recibir tamén son o de pasear e cociñar, ademais de asesoramento informático.
O informe desvela tamén que hai un pleno en canto ao sexo dos usuarios que forman parte deste banco do tempo, xa que dun total de 25 persoas, 20 son mulleres e soamente hai 5 homes. En canto á idade, 12 persoas son menores de 40 anos e 13 teñen máis de 40.
A maioría dos usuarios é de Salceda (23), aínda que tamén hai dous veciños de Tui. Por parroquias, Santa María de Salceda é a que conta co maior número de asistentes (10), mentres que San Xurxo, San Estevo de Budiño, Soutelo e Entenza teñen 3 cadansúa e A Picoña 1. Ó longo destes meses fixéronse tres reunións de usuarios (unha cada mes) co fin de que se coñezan entre eles e así fomentar a colaboración entre os membros deste Banco do Tempo. A estas tres reunións asistiron un total de 50 persoas.
Durante ese período fixéronse diversos obradoiros, como por exemplo o de hamburguesa vexetal, de horta, de reciclaxe de bolsas de plástico e o de mantemento do automóbil, ademais dunha tertulia que tivo como tema 'Como facer a compra en tempos de crise'. Realizáronse presentacións do Banco do Tempo de Salceda de Caselas en diversos colectivos do Concello, como nas asociacións de veciños de Soutelo, Parderrubias, Entenza, Picoña e Barreiro, e leváronse a cabo os primeiros contactos con outras asociacións para un futuro acto de presentación do Banco entre os seus asociados e veciños.
Por último, informar que no día 30 de xuño, ás 18.30 horas, terá lugar no Centro de Desenvolvemento Local do Torrón a celebración do usuario número 25 do Banco do Tempo de Salceda, onde incluso haberá torta de aniversario. Máis información, chamar ao número 986 34 78 64 ou no e-mail: bdt@salcedadecaselas.es.
|