Inicio > Otros ayuntamientos > Salceda de Caselas

Confirmado o envelenamento dos 12 animais que apareceron mortos en Salceda, por Atrazina, un herbicida altamente tóxico

25/06/2009
 
Princesa e Farruca, dous dos animais vítimas da Atrazina. REMITIDA.

Xa é oficial. Segundo o informe do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina de Lugo, nas mostras dos tres animais que se enviaron a este centro encontráronse restos do herbicida Atrazina, "que os animais puideron haber inxerido ó comer herba ou algún alimento impregnado con dita substancia", confirma o concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Salceda, Enrique Cabaleiro. Estes resultados xa se puxeron en coñecemento das autoridades, "a fin de poder determinar se o envelenamento dos animais foi unha cuestión de índole accidental ou voluntaria", engade.

Cabaleiro adiantaba a VM o resultado da autopsia o pasado martes, que naqueles momentos non era oficial, onde dicía que a Atrazina é "unha substancia altamente tóxica e que en países como Alemaña, Suecia e Dinamarca está prohibida a súa comercialización". Un total de 12 animais foron afectados, precisamente 11 cans e 1 gato, apareron mortos a principios do mes de abril, nos barrios do Torrón e Pedra Carballa. Os propietarios dos animais mortos, de todos modos, xa teñen coñecemento da substancia que matou os seus cans e gatos.

Cabaleiro sinala agora habería que identificar "se pode venderse en España e, de non ser así, se foi comprada en Portugal". De todos modos, o concelleiro de Medio Ambiente considera "moi complicado" identificar en que establecemento se comprou o produto.

Ós animais expostos a este tipo de substancia, segundo a Axencia para Substancias Tóxicas e o Rexistro de Enfermidades dos Estados Unidos, observouse danos do fígado, ril e corazón e tamén demostrouse que produce alteracións hormonais que afectan a ovulación e a capacidade para reproducirse.

A Atrazina é un herbicida artificial utilizado para controlar o crecemento das malas herbas na agricultura. Aínda que ten un baixo nivel de bioacumulación nos peixes é altamente persistente no solo, ata un ano, o que pode provocar contaminación das augas subterráneas que estean máis preto. "A xente ten a costume de ir ao máis cómodo, ou sexa, utilizar herbicida en vez de cortar a herba", afirma o concelleiro de Medio Ambiente. De feito, lembra Cabaleiro, "hai persoas que teñen leiras preto do río e tivemos algunha denuncia nese sentido, aínda que non houbo sancións fomos falar cos veciños para que non utilizaran herbicidas".

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com