Inicio > Otros ayuntamientos > Salceda de Caselas

O Plan de Tráfico de Salceda dá por rematadas as sinalizacións vertical e horizontal das zonas de carga e descarga no municipio

por VM - 19/06/2009

O Plan de Tráfico levado a cabo polo Concello de Salceda xa ten rematada tanto a sinalización vertical como horizontal da zonas de carga e descarga con horario limitado. Así, son 10 espazos de entre 8 e 14 metros de lonxitude, dentro do casco urbano, habilitados para facilitar estas tarefas ós transportistas. As sinais verticais indican os intervalos horarios e os días nos que están reservados para carga e descarga, quedando no resto para aparcadoiro libre.

Segundo o concelleiro responsable deste departamento, Martín Iglesias, "a carencia destes puntos producía atrancos na circulación do tráfico, por estacionar en lugares inapropiados ocupando os viais e provocando situacións perigosas". Ademais, créanse 3 novas prazas de aparcadoiro, reservadas para discapacitados, que estarán repartidas homoxeneamente, e tamén se repintaron as xa existentes, cumprindo os ratios que establecen por lei. "Este tipo de usuarios disporán de vantaxes ca próxima posta en marcha da Zona Azul, onde terán o dobre de tempo, 3 horas, dada a súa especial condición", engade Iglesias. Por outra parte, e coordinado ca Concellaría de Vías e Obras, procedeuse ó repintado de varios pasos de peóns e complementación de sinalización.

Parada autobús

A partir do mes de xullo a parada de autobús que está na praza do Concello pasará a Praza da Devesa "xa que é imprescindible mellorar a fluidez neste punto, onde actualmente teñen serios problemas de xiro os vehículos máis longos", sinala o concelleiro de Tráfico, quen considera que a nova parada "é unha ubicación moito máis axeitada polo espazo que dispón para absorber as necesidades actuais". De todos modos, en ningún momento se lle prohibe ós autobuses circular polo centro urbano, senón que o que se fai é unicamente cambiar as marquesiñas e paradas.

O alcalde de Salceda, Marcos Besada, finaliza dicindo que estas actuacións eran "unha demanda histórica", pero que "houbo que esperar ó traspaso das estradas da Xunta de Galicia (rúas Victoriano Pérez Vidal e Joaquín Fernández Sestelo) para levalas a cabo no seu conxunto".

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com