| |  | | | | | No domingo, 14 de xuño, a partir das 10.00 horas, comeza a sesión vermú, con polbo e orella, e ás 12.00 comezarase a servir o polo á brasa. A xornada gastronómica estará amenizada por unha charanga. REMITIDA. | | | |
A parroquia de Santa María de Salceda está de troula esta fin de semana, coa celebración da 9ª edición da 'Festa do Polo Asado'. Así, o torreiro acollerá este sábado a 'Noite do Polo', onde os organizadores, a Comisión de Festas da Concepción 2009, convidan a "vir tomar a primeira copa con chourizo ó viño, a prezos moi populares". No domingo, 14 de xuño, a partir das 10.00 horas, comeza a sesión vermú, con polbo e orella, e ás 12.00 comezarase a servir o polo á brasa. A xornada gastronómica estará amenizada por unha charanga.
Julio Fernández Núñez, presidente da comisión de festas, comenta que se prepararán 300 pollos, é dicir, 600 racións, "e a expectativa é que veñan preto de 1.000 persoas", considerando, ademais, que o feito de que esta fin de semana teña lugar en Salceda a proba ciclista - homenaxe á Abraham Olano atraerá a moita xente "oxalá Olano parara na festa, pero como os ciclistas pasarán por aquí, seguramente fará que moitas persoas se acheguen ata o recinto".
Fernández Núñez sinala que organizar unha festa gastronómica dá o seu traballo. "No noso caso, temos que buscar a leña e, nos momentos de moita xente, temos as seis parrillas asando 100 polos". O prezo da ración deste ano é o mesmo de anteriores edicións, 6 euros, e inclúe 1/2 polo, pan e viño. O presidente da comisión de festas di que a maioría dos veciños e persoas que se achegan ao recinto prefiren levala ración para a casa, por iso a organización conta con tapers "e unha familia pode levar entre 4 a 5 racións".
O cociñeiro volve a ser José Acuña, "aínda que todos botamos unha man para axudalo", afirma Fernández Núñez, quen engade que non hai ningunha receita máxica "porque soamente se usa sal, iso sí, a salsa é caseira". E falando de produtos caseiros, a festa contará co viño caseiro da Ribeira, preto de 400 litros. |