|
A Asociación de Mulleres Rurais 'Caselas', de Salceda, organiza o día 7 de xuño a 'Comida da socia', que celebrarase en O Borraliño (Soutelo). O menú, constituído de churrasco, criollos, picantones, pan y rosca, é gratis para as socias, mentres que os maridos das socias e os nenos a partir dos 10 anos pagarán 15 euros.
Dende a entidade informan tamén que as socias terán que levar mantel, servilletas, pratos, vasos, bebidas, etcétera. A data límite para apuntarse é ata este domingo, 31 de maio. O contacto é o 986 34 93 93.
Ademais, a partir do mes de outubro a asociación contará con catro obradoiros organizados pola Oficina de Igualdade e Benestar do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O prazo de inscrición será durante os meses de maio e xuño.
Así, as técnicas de Igualdade da Oficina de I+B ofertan estes obradoiros para mulleres co obxectivo de proporcionar espazos de coñecemento e apoio mutuo. Os obradoiros ofertados son os seguintes: Obradoiro de Risa, de 6 horas, que pretende buscar a relaxación a través da risa; Obradoiro de Habilidades de Comunicación, tamén de 6 horas, para ensinar a expresarse e falar en público, así como negociar nos conflito; Obradoiro de Educación para a saúde, de 10 horas, para axudar a coñecer e coidar o corpo e mellorar a calidade de vida; e finalmente o Obradoiro de autoestima, igualmente de 10 horas.
|